Vistas de página en total

domingo, 23 de diciembre de 2012

LEIS PONTEVEDRA F.S. 6 - 9 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Espectáculo de goles o vivido onte en Pontevedra no encontro da catorceaba xornada da terceira división, con esta victoria a S.D. Pazos asegúrase rematar o ano entre os tres primeiros clasificados.
Marcelo puxo en liza o seguinte quinteto: Bizza-Lito-Jacobo-Luis e Jony e contou no banco con Esteban, Rober, Santi, Borja e el mesmo.
Comezaron o encontro os nosos cunha tranquilidade un tanto inusual, pero froito da cal conseguiron adiantarse no marcador. Transcurría o minuto dous, e nun saque de banda, Jacobo puña ó segundo pau para que Jony anotase o 0-1. A resposta do Leis non se fixo agardar, e nos seguintes segundos, dispuxo de varias ocasións repelidas por un segurísimo Bizza. No minuto tres e medio o 0-2, contrataque tres para dous levado por Jacobo, que el mesmo finaliza de punteira.
Nos seguintes minutos seguiron sucedéndose as ocasións para ambos bandos, aínda que ningún foi capaz de materializalas. Todo ata o minuto dez, no que un novo tres para dous, rematao Santi no segundo pau noutra asistencia de Jacobo, 0-3. A pegada dos nosos marcaba as diferencias.
Continuou o reparto de boas opcións de gol,  e no minuto quince chegaría o 0-4; xogada individual en banda de Lito, quen asiste ó centro da área a Luis, e este, cede de pisada cara atrás para que Borja anote, golazo dos de Pazos.
Con este resultado e a falta de tres minutos para o remate do primeiro tempo, o Leis opta polo porteiro-xogador. Non daría froitos esta táctica e así chegábase ó descanso.
O segundo tempo comezaba con dúas claras oportunidades dos de pontevedra, as cales se toparon con sendos paradóns de Esteban. Seguía sen poder recurtar distancias o Leis, quen volve a estratexia de  porteiro-xogador no minuto sete. A S.D. Pazos mentras,trataba de aprobeitar cada erro no pase do rival para cerrar o encontro. Non foi así, e no minuto oito, nun intento de contra iniciado por Esteban, este perde a bola, e os locais aprobeitan para facer o 1-4 a portería valeira.
Estiveron menos acertados os nosos de cara gol nesta segunda metade, unhas veces polo bo facer do porteiro local, como a disparos a bocaxarro de Santi ou Luis, e outras simplemente por erros na finalización.
No minuto nove, os pontevedreses conseguen o 2-4 meténdose de cheo no partido. Ou iso parecía, xa que, no minuto once Lito rouba un pase no xogo de cinco local, e vaise só rapidísimo para marcar o 2-5.
Con un Rober inconmensurable en defensa, chegando a tapar a todos lados, os de Pazos voltarían a poñer terra de por medio noutro contragolpe. Lito recibe un balón en banda, vaise por velocidade, e bate ó porteiro de tiro raso cruzado, 2-6.
Con oito minutos por xogarse desfondaríanse os de Pazos, os locais, continuan co xogo de cinco e conseguen o 3-6. Tería Jony nos seus pes a posibilidade de distanciarse outra vez no electrónico, pero erra ante a meta local despois de sentar a dous rivais. Nestes intres fatídicos, o Leis é quen de recurtar distancias ata poñerse 5-6. Faltaban tres minutos para o remate e todo podía pasar.
Os nosos, nun arreón de casta, logran sacudirse a presión e hilvanan unha xogada na que Luis logra irse só contra o meta local, con todo ó seu favor, é derrubado por detrás coa conseguinte falta,era a sexta, polo tanto dobre penalti. Jacobo asumiu a responsabilidade, e cun misil imparable de punteira establece o 5-7.
Non morrerían aínda os de pontevedra, quenes no seguinte ataque lograban o 6-7. Tocaba sufrir, pero non  estarían pola labor de perder os tres puntos os nosos. Minuto dazaoito, diagonal imparable de Lito que asiste a Luis, e este, en boca de gol establece o 6-8.
Nos dous minutos restantes, aínda quedaría tempo para que Jacobo, anotase dende o seu propio campo o definitivo 6-9, e mandase un tiro ó pau logo de regatear ó porteiro.   
Novos tres puntos que premian a un colectivo unido que está traballando a reo, e no que todos son igual de importantes.
GRAZAS AFICIÓN POR ARROUPARNOS SEMPRE!!!

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Noraboa rapaces sodes moi grandes, e incrible que un equipo basado en xente de Pazos e onde NINGUEN cobre NADA este onde esta.
Impresionante ver a union e bo "rollo" que hai no equipo, asi da gusto traballar pa que este proxecto siga adiante, ademais e bonito ver como mais xente se une a esta familia acudindo a animar ao Municipal e incluso desprazandose co equipo.

Unha aperta a todos e en nome da directiva da S.D.Pazos FS bo nadal a todos os lectores do Blog.

FRAN

Anónimo dijo...

Noraboa rapaces sodes moi grandes, e incrible que un equipo basado en xente de Pazos e onde NINGUEN cobre NADA este onde esta.
Impresionante ver a union e bo "rollo" que hai no equipo, asi da gusto traballar pa que este proxecto siga adiante, ademais e bonito ver como mais xente se une a esta familia acudindo a animar ao Municipal e incluso desprazandose co equipo.

Unha aperta a todos e en nome da directiva da S.D.Pazos FS bo nadal a todos os lectores do Blog.

FRAN