Vistas de página en total

viernes, 22 de febrero de 2013

PREVIO PARTIDO CONTRA O CARBALLIÑO F.S.

Con tan so nove xornadas por disputarse, a S.D. Pazos Fútbol Sala enfrontarase nesta, ó Carballiño F.S..
Os homes de Marcelo viaxan a terras ourensás coa firme intención de acadar os  tres puntos en xogo, conseguindo con elo, continuar unha semana mais no segundo posto da liga riscando outra xornada do calendario . Sen dúbida non o poran sinxelo os locais, quenes tamén necesitan os puntos para tentar afastarse un pouco mais dos postos de descenso.
No encontro desputado na primeira volta, o Carballiño F.S. mostrouse coma un rival serio e que non se da por vencido, empatando nos derradeiros segundos un partido que chegou a ir perdendo por tres goles de diferencia.
O adestrador de Pazos contará esta semana coas mesmas ausencias da pasada, e decir, Bizza e Hugo lesionados.
O encontro disputarase o sábado no pavillón municipal Paco Chao ás 17:00.

No hay comentarios: