Vistas de página en total

lunes, 18 de febrero de 2013

S.D. PAZOS Fútbol Sala 3- 1 S.D. XOVE F.S.

Reecontrouse coa victoria a S.D. Pazos Fútbol Sala nesta xornada, ainda que non sen sufrir ata os derradeiros segundos. A S.D. Xove F.S. chegou a Pazos con varias baixas e decidida a non perder o encontro, cunha estratexia ultradefensiva a piques estivo de conseguilo.
Formaron os da casa con: Esteban-Lito-Jacobo-Luis e Jony, no banco: Marcelo, José, Santi e Borja.
O encontro comezou con clara cor local, aproveitándose do encerrado que estaba o conxunto visitante para ter case a totalidade da posesión. Movendo o balón con bastante criterio e con paciencia as ocasións comezaron a chegar.  Primeiro tras unha triangulación de todo o equipo, que remata con asistencia de Luis ó segundo pau cara Santi, o disparo deste, é detido polo porteiro de xeito maxistral. Uns minutos mais tarde, nova combinación dos de Pazos cos mesmos protagonistas, so que nesta ocasión, Santi non chega por pouco a rematar. Mascábase o gol no ambiente, pero o acerto do porteiro xovense evitaba que houbese calquer tipo de movemento no electrónico.
Tras novas opcións de gol nos pes de Santi e Jacobo, este tras asistencia de Lito, remataba o primeiro tempo.
Sensación extraña no descanso, partido que se estaba a dominar, con oportunidades desaprobeitadas e cun rival ben plantado en defensa agardando a sua opción á contra.
No segundo periodo o escenario foi idéntico ó primeiro, con mais insistencia por parte dos nosos, quenes embotellaron o rival na sua área.
Tras duas paradas do porteiro lugués nos primeiros intres, no minuto catro sucedeu o que soe ocorrer  nestes casos, ataque desaprobeitado dos locais e gol á contra da S.D. Xove.
Mazazo para os de Marcelo, que volvían a ver como a falta de acerto podía deixalos sen puntos. Despois duns minutos de baixón que a piques estiveron de aproveitar os de Xove para aumentar a sua renta, os locais volcáronse a polo partido.
No minuto oito, Lito rebentaba a bola na escadra visitante, no once tras roubo de José,era Jacobo quen se topaba co pau, e así acumulando chegadas ata o minuto dezaseis. Pase de Jacobo a Luis, quen en segundo remate pon as taboas no marcador, 1-1. 
Ca S.D. Xove moi desgastada pola escaseza de efectivos e polo esforzo realizado, un absurdo pero claro penalty por mans dentro da área, ialle dar ós da casa a posibilidade de porse por diante.
Jacobo o expecialista a balón parado asumiu a responsabilidade, cun inapelable lanzamento cruzado que enganou ó porteiro facía o 2-1, minuto dezaseis e medio.
A continuación os xovenses probaron co ataque de cinco, pero sen conseguir inquedar a Esteban.
No minuto dezanove logo dun contragolpe, Santi anotaría o definitivo 3-1 cun centro-chut que non lograba atallar o meta. Nos derradeiros segundos unha nova parada do porteiro da S.D. Xove evitaba o cuarto, a tiro de Luis.
Bo partido por parte da S.D. Pazos, que fixo todo o que pudo para deixar os puntos na casa, e tamén loubable a labor da S.D. Xove, que dádalas circustancias tiña claro que puntuar era suficiente botín, non o consegueu finalmente, pero coa gran actuación do seu porteiro, e co esforzo defensivo, pouco lle faltou. 
Destacar a mais que probable grave lesión do xogador da S.D. Xove F.S. "QUELLE" no primeiro tempo deste encontro. Dende a S.D. Pazos Fútbol Sala darlle todo o noso ánimo e desexarlle unha pronta e rápida recuperación.  

No hay comentarios: