Vistas de página en total

viernes, 15 de febrero de 2013

PREVIO PARTIDO CONTRA A S.D. XOVE F.S.

Xornada que semella clave a que se presenta esta fin de semana para a S.D. Pazos Fútbol Sala, na cal, recibe na casa a S.D. Xove F.S.. Cos dous equipos empatados a puntos, e dada a igualdade que rexistra a parte alta da clasificación, sen contar co destacado líder, este tipo de enfrentamentos directos resultan vitais para manterse na pelexa. Os últimos malos resultados de ámbolos conxuntos danlle, se cadra, un cariz mais dramático a este choque.
Esteban danos as suas impresións sobre o encontro "agardo un partido complicado, no que eles, ó igual ca nos, farán todo o posible por gañar" "espero que aproveitemos as ocasións que teñamos, ahí estará a clave", Lito, quen volta trala sanción, quixo facer un chamamento á afición "animo a tódolos nosos siareiros a que veñan arroupar ó equipo, coa sua axuda sempre resultará mais doado" "nos faremos todo o que poidamos para darlles unha alegría".
Marcelo terá a sua disposición a todo o plantel a excepción de Bizza e Hugo lesionados, e a duda de Luis que arrastra problemas físicos.
O encontro disputarase no pavillón municipal de Pazos de Borbén ás 19:00.

No hay comentarios: