Vistas de página en total

domingo, 14 de abril de 2013

A.D.F.S. BUEU 3 - 8 S.D. PAZOS Fútbol Sala

A S.D. Pazos Fútbol Sala parece empeñada en loitar polo segundo posto da competición ata o derradeiro suspiro, ou iso é o que se desprende do partido realizado onte polos homes de Marcelo. Un choque no que os nosos se deixaron a pel mostrando concentración e intensidade, e no cal na maior parte do tempo foron superiores ó rival.
O quinteto inicial visitante estivo formado por: Bizza-José-Lito-Jacobo e Luis, no banco: Esteban, Santi, Jony e Borja.
Os de Pazos saltaron ó parqué bueuense moi centrados, nos cinco minutos iniciais apenas deixaron pasar ós locais do medio campo, encadeando unha tras outra claras opcións de gol desbaratadas todas elas polos bos reflexos de Piki. No minuto sete chegaba o 0-1, roubo de Luis en media pista, asistencia a Jacobo, e este de forte punteirazo inauguraba o marcador. Sen apenas baixar o ritmo, os nosos, continuaron co seu acoso, no minuto dez o 0-2. Saída ó contragolpe na que José, cede ó segundo pau para que finalice Santi chegando dende atrás.
Estaban a xogar ben os visistantes, presionado en toda a pista, e desarbolando calquer intento de transición dos locais. No minuto trece de xogo, José facía de lanzamento de falta directa ó borde da área o 0-3. A partir deste momento a A.D.F.S. Bueu conseguiu espolearse da presión, e tras un saque de corner con algo de fortuna, Jacobo introducía o balón en propia meta, 1-3 minuto trece.
Os peores momentos da S.D. Pazos chegaron a raiz deste gol, e no minuto seguinte, unha absurda perda intentando sair de presión, deribaba nun claro penalty de Bizza. Transformarían o lanzamento os da casa establecendo o 2-3.
Nos seguintes minutos, os de Bueu, fixéronse co control do partido, aprobeitando en gran medida o nervosismo intalado nos vermellos. Bizza tivo que rexeitar valente un disparo a bocaxarro dun rival.
A piques de rematar o primeiro tempo, unha boa triangulación dos nosos remataba no 2-4. Lito metía en profundidade para Luis, quen tras irse en banda dun rival, asistía a Santi, novamente instalado no segundo pau. Con esta curta ventaxe a tenor das ocasións de uns e outros, íase ó descanso.
O segundo tempo comezou co A.D.F.S. Bueu tentando impor o seu xogo, pero a continua presión  unida ás gañas de finiquitar o choque por parte dos nosos, farían vanos os seus intentos. No minuto cinco o 2-5. Xogada individual de Borja que o planta so ante a saída do porteiro, con habilidade levanta por enriba deste, e cando parece cun rival a saca xa case na liña, Luis anticípase coa cabeza e consegue anotar.
Seguiu o encontro polos mesmos derroteiros, cos da casa sen chegar a crear perigo na meta de Esteban, e cunha S.D. Pazos agardando o momento de dar a estocada. Esta aconteceu no minuto oito, Santi por terceira vez indo ó segundo pau, empurraba á rede unha asistencia de Jacobo.
Este gol pareceu fundir definitivamenta ó conxunto local, forzado a atacar co porteiro-xogador nos derradeiros oito minutos. Xurdiu efecto sen dubida esta estratexia, posto que, no primeiro ataque os de Bueu facían o 3-6.
Por sorte, Jacobo era quen de cortar un pase no seguinte ataque de cinco, e dende case a sua área marcaba o 3-7. A pesar de contar con algunha ocasión nos seguintes minutos, entre Esteban, a defensa e un pau, evitaron un posible achegamento no electrónico.
O que sería definitivo 3-8, conseguíao Luis dende medio campo tras outro roubo no xogo de cinco, minuto dezasete. Sen moito mais remataba o encontro.
Valiosísimos tres puntos que permiten seguir soñando coa segunda plaza.
O capitán da S.D. Pazos, José dábanos a súas impresións ó finalizar o partido. "penso que fomos superiores, tiñamos claro o que había que facer" "non os deixamos xogar cómodos, e creamos moitas ocasións, tanto á contra como en posesión " "victoria de EQUIPO, hay que contiuar así".
 
  

No hay comentarios: