Páginas vistas en total

viernes, 12 de abril de 2013

PREVIO PARTIDO CONTRA A A.D.F.S. BUEU

A S.D. Pazos Fútbol Sala disputará este sábado en Bueu outra final para poder seguir optando ó tan ansiado subcampeonato. Os nosos terán en fronte a un rival en racha, que ven de gañarlle na Coruña ó Ventorrillo F.S., e que dos últimos catro partidos gañou tres e empatou un. Díficil pois o envite, mais ainda, se temos en conta que o encontro é lonxe de Pazos, situación na que os de Marcelo baixan considerablemente os seus rexistros.
O técnico de Pazos terá a sua disposición a todo o plantel a excepcion de Santi, dúbida ata última hora.
Luis, un dos xogadores mais experimentados do conxunto vermello, opina sobre o encontro "agardo un partido semellante ó da primeira volta, con dous equipos que se coñecen, e no cal o que teña maior acerto farase cos tres puntos" "non é certo que eles non se xoguen nada, o seu obxetivo ó comezo da liga era o mesmo co noso, rematar o mais arriba posible" "se continuan gañando ainda poden subir algún peldaño mais na clasificación, polo tanto irán con todo coma nos" "o feito de non ter nada que perder fainos mais perigosos, gañar en Ventorrillo nos derradeiros segundos co porteiro-xogador dio todo" "se somos capaces de xogar concentrados penso que podemos gañar, a intención coa que vamos é esa".   
O encontro disputarase o sábado no pavillón municipal de Bueu ás 16:45.
 

No hay comentarios: