Vistas de página en total

domingo, 7 de abril de 2013

S.D. PAZOS Fútbol Sala 5 - 0 C.F.S. CIDADE DE VIVEIRO

Victoria sen moita historia, aínda que funtamental para as suas aspiracións, a lograda onte sábado pola S.D. Pazos Fútbol Sala.
O C.F.S. Cidade de Viveiro chegou ó municipal de Pazos tan só dez minutos antes do comezo do choque, motivo polo cal, saltou á pista sen apenas quecemento. Isto, xunto coa apatía dos nosos, fixo  do encontro un  espectáculo excaso de ritmo e intensidade.
O quinteto local foi o formado por: Bizza-José-Jacobo-Santi e Jony, no banco: Esteban, Lito, Luis e Borja.
Os primeiros minutos resultaron intrascendentes, sin apenas ocasións, e con dous conxuntos que ían definindo o que sería o resto do partido. Posesión para os da casa e contragolpes visitantes.
Tras algún tímido achegamento dos nosos á meta rival, no minuto dez inaugurábase o electrónico. Luis combina con Jacobo exercendo de pivot, este cede de pisada, e Luis anota de tiro cruzado, 1-0.
A pesar do gol, o decorado non cambiaría moito nos seguintes minutos, tan só mencionar unha estratexia de falta dos visitantes que non entrou por pouco, e un par de disparos lonxanos a cargo de José e Lito que pasaron a rentes do pau. Cun cotragolpe viveirense ben resolto por Bizza finalizaba a primeira metade.
Na segunda metade, os de Pazos sairon algo mais concentrados, parecendo entender a importancia dos puntos en xogo.
Ós dous minutos, Jacobo xa avisaba das intencións cun zapatazo que batía no pau, e no tres o 2-0. Xogada de picardía de Luis, quen deixaba pasar por entre as pernas un pase o interior da área de Jacobo, enganando con elo ó porteiro.
No minuto sete chegaría o 3-0, asiste Luis a Jacobo novamente en posición de pivot, e este, resolve de costas co calcaño ante o defensor e o meta. Gran xesto técnico que servía para afrontar con maior tranquilidade o resto do tempo.
O xovencísimo conxunto visitante non se derrubou, e seguiu co seu plantexamento, tentar roubar e contragolpear, Bizza mostrouse seguro e evitou o posible perigo.
Logo de que Santi se volvese a atopar co pau, sería Jony, quen en xogada individual no minuto dez, escachaba a bola contra as mallas, 4-0.
Nos dez minutos finais, a S.D. Pazos adicouse a controlar o encontro e a evitar posibles problemas. Asi e todo, tivo tempo para que Santi dende o punto de penalti puxese o definitivo 5-0, e para que na estratexia dun saque de falta, José, estrelara o balón na escadra visitante.
Tentaríano os de Viveiro nos minutos finais co xogo de cinco, pero o resultado xa non se movería.
Con esta victoria seguimos aspirando ó subcampeonato, aínda que haberá que dar algo mais que o amosado onte, ante os tres derbis pontevedreses que restan. 



No hay comentarios: