Vistas de página en total

lunes, 14 de octubre de 2013

S.D. PAZOS Fútbol Sala 1 - 1 VILALBA F.S.

Reparto de puntos no encontro da terceira xornada de liga nun encontro  de resumo sinxelo, o Vilalba F.S. viu sumar algún punto e conseguiuno, e os locais tiraron o primeiro tempo, e co segundo  non foi suficiente.
O quinteto inicial foi o formado por: Jorge-José-Hugo -Luis e Jony, no banco: Bizza, Santi, Remo, Lito, Mikel e Borja.
O primeiro periodo de seguro non quedará na memoria dos afeccionados presentes, pouco ritmo, escasas ocasións e nada de emoción.
Os visitantes entraron mellor ó choque, mais centrados e tentando porse por diante no marcador. Os dez primeiros minutos forón deles, e neles gozaron das unicas ocasións reseñables, un bo disparo que detén Jorge, e un remate de volea á saída dun corner que salvan entre o pau e o porteiro vermello.
Os nosos pareceron espabilar nos dez minutos restantes, facéndose coa posesión e dispondo tamén de tres claras opcións. Lito tras xogada persoal, Mikel á contra, e José de lanzamento de doble-penalti toparíanse coa boa resposta do meta.
Pouco ou nada mais nos primeiros vinte minutos.
Os primeiros minutos do segundo tempo foron semellantes ós do primeiro, todo cambiaría a raíz do gol vilalbés.
Minuto catro e medio, perda de Lito en defensa e tras varios rexeites a bola remata nas mallas de Bizza, 0-1. Apartir de aquí, a S.D. Pazos arrinconaría na sua área ós visitantes e só a falta de acerto faría cos puntos non ficaran en Pazos.
Ós cinco minutos inmellorable posibilidade para José, lanzamento de falta ó borde da área que remata desviando o porteiro co hombreiro. No minuto nove o 1-1, Jony deixa de pisada na liña de puntos, e Luis de tiro axustado establece as taboas no marcador. Ata o final, acoso dos nosos sobre a meta do porteiro vilalbés que se erexiría en protagonista xunto coa súa defensa.
Paralela Lito-Jony gran intervención, tiro lateral de Borja bate na cruceta, tiro cruzado de Lito para o porteiro, José de punteirazo balón ó pau, outra de José de novo ó meta, Jony a bocaxarro idem...
Nos derradeiros intres, o disparo cruzado de Luis iríase a escasos milímetros do pau xunto coas esperanzas de gañalo encontro.
Partido rácano dos de Pazos, quenes nos tres encontros disputados xa probaron a victoria, a derrota e o empate, deixando moitas dúbidas de cales poden ser as aspiracións este ano. Os vindeiros encontros contra Leis Pontevedra F.S. e  I.e.s. Coruxo F.s. dous dos galos da categoría, deberían aclarar algo mais as cousas.  
 

No hay comentarios: