Páginas vistas en total

viernes, 8 de noviembre de 2013

PREVIO PARTIDO CONTRA O 5 CORUÑA F.S.

Xornada "trampa" a que nos agarda esta fin de semana no municipal de Pazos de Borbén. Os nosos reciben ó 5 Coruña Fútbol Sala, rival que ven de acadar os seus primeiros puntos na xornada pasada e que nestes intres é último clasificado. Os Coruñeses pouco ou nada teñen que ver co conxunto do ano pasado, optando esta tempada por un plantel repleto de xuventude.
Confianza cero nos homes de Marcelo ante este encontro, a recente visita do Vilalba F.S. en semellante situación, e que a piques estivo de custar os tres puntos, segue moi presente.
 Hugo, lesionado nun nocello no encontro co Xove F.S. será a única baixa, o resto do plantel todo disponible.
O encontro disputarase o sábado no pavillón municipal de Pazos de Borbén ás 19:00.

No hay comentarios: