Vistas de página en total

viernes, 22 de noviembre de 2013

PREVIO PARTIDO CONTRA A A.D.F.S. BUEU

Tra-lo revés sufrido a xornada pasada, a S.D. Pazos Fútbol Sala tentará esta, de volver á boa senda ante a A.D.F.S. Bueu.
Os veciños do outro lado da ría ocupan a séptima posición nestes intres, con números moi similares ós nosos, e tan só tres puntos por detrás.  Estes datos, ademáis do feito de que os dous equipos se coñecen á perfección, lévanos a pensar que veremos un encontro moi igualado. O vencedor sen dúbida sairá moi reforzado.
Bizza, un dos capitáns, danos o seu parecer sobre este choque. "Agardamos non cometer os erros da semana pasada, tanto no plano individual coma colectivo" "somos conscientes de que se non estamos centradísimos cústanos moito sacar os partidos" "ainda que dispomos dalgúns xogadores decisivos, a nosa forza reside no conxunto" sobre o rival opina que "eles son un equipo moi traballado, con xente nova e algún veterano, creo que coma nós, o grupo prima por riba de todo" "non será sinxelo, iso seguro".
Para este encontro Marcelo mantera a incógnita de Jorge, aqueixado dun proceso gripal, o resto dos xogadores está todo dispoñible.
O encontró disputarase o sábado no pavillón municipal de Pazos de Borbén ás 19:00.


 

No hay comentarios: