Vistas de página en total

domingo, 24 de noviembre de 2013

S.D. PAZOS Fútbol Sala 4 - 2 A.D.F.S BUEU

Importante victoria a de onte, que nos permite seguir unha semana mais enganchados ó tren de cabeza e, de paso, afasta o A.D.F.S. Bueu a seis puntos.
O encontro tivo duas partes moi diferenciadas, a primeira de claro dominio local, xogando quizais os mellores minutos da tempada, e a segunda todo o contrario.
Marcelo propuxo o seguinte quinteto: Bizza-José-Hugo-Luis e Jony, no banco: Jorge, Santi, Remo, Lito, Mikel e Borja.
Os de Pazos saltaron á pista coas ideas ben claras e con intención de facer dano xa dende os primeiros compases. O Bueu non se atopaba a gusto, nin coa bola, nin coa sua defensa en media pista, feito que aproveitaron os nosos para facerse donos da situación.
Logo dos primeiros tímidos achegamentos á meta visitante, Luis, gozou dunha boa ocasión que rematou no pau tras asistencia de Hugo. Presaxio esta acción do que no minuto nove ia suceder.
Saída de presión con pase en profundidade de Santi, e Borja en velocidade cruza ante a saida do porteiro, 1-0.
Dous minutos despois a acción da tarde, balón perdido do Bueu en tres cuartos de cancha, e Jony de tremendo trallazo clava o balón por toda a escadra, GOLAZO¡¡¡ que puña o 2-0 no electrónico.
Nos seguintes minutos os visitantes trataron de collerlle o pulso ó encontro, tendo que aparecer Bizza nun man a man. Ainda así as mellores tíñanas os da casa, Luis de tiro cruzado, bo disparo exterior de Lito, Hugo que se atopa co pe dun defensor en remate franco.
O Bueu nos derradeiros minutos subiu a intensidade, vendo que o choque podía comezar a irse xa no primer periodo, a dous do final a man de Bizza e o poste evitaban a posible aproximación no marcador.
A falta de cuarenta segundos para o final, a sorte aliaríase cos locais, xogada individual de Lito que tenta asistir ó segundo pau e o balón  bate no corpo dun contrario, índose dentro, 3-0.
Ben a S.D. Pazos neste primeiro tempo, tendo balón, defendedo seguros, creando ocasións...sendo un equipo.
A segunda foi outro cantar, sobre todo os dez minutos iniciais. A forte presión e o ritmo que imprimía o Bueu, xunto coa monumental empanada dos nosos, puxo en perigo un resultado que parecía moi decantado.
Os visitantes apoiados nas continuas perdas dos vermellos, dispuxeron de claras ocasións para recurtar distancias, pero ahi estaba Santi nas coberturas e Bizza, volvendo ó seu habitual nivel, e desbaratando calquer opción incluso co pau póndose do seu lado cando el non podía.
Co paso dos minutos o encontro equilibrouse algo mais, a base de saques longos e contragolpes a S.D. Pazos puido sentenciar.
Jony,Remo e Lito de tiros cruzados ganando as espaldas puxeron a proba o meta rival, e Luis non atinaba nun intento de vaselina a pase de Lito.
Os visitantes facían meritos para anotar, e no minuto once conseguíano. Varios rexeites de Bizza ante a inoperante defensa, e gol xa inevitable, 3-1.
Os da casa pareceron verlle as orellas ó lobo, e mataron o choque nos seguintes minutos.
Puido facelo Santi a pase de José, o mesmo que Borja asistido por Lito, pero o porteiro do Bueu tamén quería o seu protagonismo.
A falta de seis minutos unha clara falta sobre Borja ó borde da área convertiríase no 4-1. José, como a semana pasada, sacou e seu fusíl e clavou o tiro directo na cepa do pau.
O rival vendeu cara a derrota, no minuto quince establecía o 4-2 cun tiro exterior inalcanzable para Bizza tras pegar en Jony e no pau.
Disporían de duas boas os da casa antes do xogo de cinco dos de Bueu. Un man a  man co meta de Jony, e unha asistencia del mesmo a Luis, que remata co calcaño e salva un contrario sobre a liña.
Nos derradeiros minutos paradón de Bizza chegando ó segundo pau, disparo de Lito que detén xenial o porteiro-xogador, e a dous segundos para a fin Jony mesmo desenlace.
Pena de segundo tempo, parecemos outros tra-lo descanso, seguro tamén por mérito do contrario.
Reencontrouse o EQUIPO ó que estamos acostumados.

No hay comentarios: