Vistas de página en total

lunes, 18 de noviembre de 2013

RIBEIRA DE PIQUÍN F.S. 11 - 6 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Derrota moi dura a sufrida pola S.D. Pazos na tarde de onte. Os nosos caeron, de xeito tal vez moi abultado, ante un Ribeira de Piquín que foi mellor e transformou en gol case tódalas ocasións que tivo. A defensa dos vermellos brillou pola sua ausencia, e o desatino en momentos clave do encontró tamén contribuiu o esperpéntico resultado final.
Quinteto inicial: Jorge-José-Santi-Lito e Luis, no banco: Bizza, Hugo, Remo, Mikel, Jony e Borja.
Os locais sairon a polo encontro dende o pitido inicial, imprimindo ritmo e tentando ameazar a Jorge, mentres, os visitantes buscaban o seu sitio, algo frios neste inicios. Xa mais asentados e tras unha combinativa xogada colectiva, Lito filtraba un pase ó desmarque de Luis, quen de costas ó porteiro batiao co calcaño, 0-1 minuto dez. Non facía presaxiar este gol os aloucados minutos seguintes. No doce, empetaba o Ribeira cun trallazo dende o lateral, 1-1, e case de seguido, facía o 2-1 cunha estrateixa de corner ante a pasividade defensiva dos nosos.
Debemos empatar na seguinte acción, xenialidade de Lito, asistencia a Luis, e o seu remate sacao sobre a liña cheo de fortuna un defensor. Do posible empate ó 3-1, balón en longo de novo fatal defendido, e gol de tiro lonxano ante un desatinado Jorge.
Cambio de papeis no 3-2, tiro ó longueiro dos lucenses, contra dos de Pazos, e medida asistencia ó segundo pau de Remo que empurra Borja. Partido aberto neses intres.
Que ía ser una tarde moi longa quedou reflexado no 4-2, desaxuste defensivo cheo de erros na S.D. Pazos e gol inevitable para Jorge.
Borja nos minutos finais do primeiro tempo volvía a meternos no encontró. Saque de banda lateral e punteirazo que bate nun contrario para irse dentro, 4-3.  Jony tería o empate en xogada individual pero evitaríao o porteiro; con este resultado e logo dun intenso primer periodo íamonos ó descanso.
A segunda metade foi por momentos un cúmulo de despropósitos no bando visitante, o que claramente nos abocou á contundente derrota.
Comezamos atacando, pero xa no primeiro saque longo do porteiro o partido púñase costa arriba. O dorsal nove moi certeiro todo o choque, batía dende o lateral por entre as pernas a Bizza, 5-3 minuto dous. Vaia se acusou o golpe a S.D. Pazos, incomprensibles cinco minutos, nervosos, descentrados, imprecisos...todo isto derivou no 6-3 uns minutos despois. Mal pase en ataque, contrataque, e gol case dende o corner entre Bizza e o pau. Crueis goles para o meta vermello tantas tardes salvador noutras ocasións. O 7-3 case de seguido, falta de entendemento entre Lito e Hugo que deixa vendido a Bizza.
Marcelo tratou de cambiar o rumbo cos cambios pero a tarefa xa non era sinxela. Apenas se mellorou, e de lanzamento de falta ó borde da área, o rival establecía o 8-3.
Os nosos, apoiados nos incansables ánimos da afición que os acompañou, tirarían de casta ata poñerse a dous goles.
A falta de once minutos, Lito anotaba de inapelable zurdazo exterior, 8-4, logo José de durísimo lanzamento de falta, 8-5, e de novo Lito no man a man co porteiro, 8-6.
Parecía que podía ser, pero non sería así. O xogo de cinco proposto por Marcelo nos derradeiros nove minutos resultou caótico, sen crear a penas perigo, e caéndose en continuas perdas de balón que darían como resultado o 11-6 final.
Encontro desastroso no plano defensivo e nalgún outro, e un Ribeira que propuxo mais, e ó que todo lle viu de cara. Queda seguir traballando e tentar mellorar, confiar nun gran grupo capaz de facelo moito mellor ca onte.
Sen que sirva de excusa nin moito menos, e sen restar nigún tipo de merito ó rival, cabe mencionar a penosa labor arbitral, castigando co cupo de faltas ós nosos en ambos periodos, e sendo rigurosísimos coas tarxetas. Un colexiado principal protagonista e un segundo prácticamente inexistente. A xustiza debe impartirse con igualdade sen ter en conta quen é o local e quen o visitante, onte non deu esa impresión.




2 comentarios:

Anónimo dijo...

DAS DEROTAS TAMEN SE APRENDE ,SEMPRE SD PAZOS, SODES GRANDES

MARCOS dijo...

ANIMO RAPACES QUE NON DECAIA QUE VOS SODES MUY GRANDES . TAMEN QUERIA PEDIR DISCULPAS OS MEUS COMPAÑEIROS ,ENTRENADOR, PRESIDENTE POLA MIÑA EXPULSION , PERO O QUE ME CONOCE SABE QUE NON PODO COAS INXUSTICIAS , FALTA DE RESPETO POR ESA XENTE QUEFAI MUITOS KM PARA VERNOS XOGAR ,PERO INDA ASI, SABEDES QUE ,YOU'LL NEVER WALK ALONE ,