Vistas de página en total

domingo, 10 de noviembre de 2013

S.D. PAZOS Fútbol Sala 1 - 0 5 CORUÑA F.S.

Tres puntos mais para a S.D. Pazos Fútbol Sala no encontro disputado na tarde de onte ante o 5 Coruña F.S., con iso, e só con iso, nos podemos quedar deste choque. Os nosos se ben gozaron de mais e mellores ocasións de gol, en poucos momentos manifestaron a suposta superioridade que indica a taboa clasificatoria.
O quinteto inicial estivo formado por: Jorge-José-Remo-Luis e Jony, no banco: Bizza, Santi, Lito, Mikel e Borja.
No primer periodo a igualdade foi a nota dominante, reparto de ocasións e xogo deslabazado en ambo-los conxuntos.
A primeira clara ocasión tivoa Jony tras asistencia de Luis, non acerta no man a man co meta. Na seguinte, cambio de papeis e o remate de primeiras de Luis encontra de novo a resposta do porteiro. Lito tamén tería unha, tras irse por banda, o seu remate escorado batía no pau.
Tocáballe dar ó 5 Coruña, tras un contragolpe, Jorge evitaba o gol nun dous para un.
O ir e vir e as continuas imprecisións, facían que ningún dos dous equipos fose quen de imporse.
Nos dez minutos finais vivíronse quizais as mellores accións do primeiro tempo. Na primeira, perfecta triangulación entre Santi, Remo e Jony que planta a este só diante da portería, con Borja no segundo pau trabúcase na decisión e ve como porteiro detén o seu remate. Na segunda, roubo en media pista do 5 Coruña e dous para un con Jorge que evita o gol cun paradón.
Na terceira chegaría o único gol da tarde, Mikel monta un contrataque e pasa en profundidade a Remo, este deixa atrás ó seu par e asiste a José no segundo pau, o capitán, funde por alto a bola nas mallas, minuto seis 1-0. Sen mais reseñable iamonos ó descanso.
O segundo tempo non mellorou moito o espectáculo, se ben os nosos, gozaron de moitas oportunidades para sentenciar e non ter porqué sufrir ata o final.
Case ó empezar xa puido chegar o segundo, pase de Santi a Luis que gana a banda e de punteirazo cruzado escacha a bola na cruceta. Uns minutos mais tarde asistencia de José e o remate de Luis despéxao a corner o que se convertiría en protagonista da tarde. Non se metían, e xa se sabe o que acontece nestes casos, por sorte, Bizza estaba ahi para evitar o empate no minuto trece.
A raiz desta ocasión, os locais pareceron entender que os puntos perigaban seriamente e nos seguintes minutos asediaron ós visitantes.
Rouba Jony, cede a Luis e espectacular estirada do porteiro, disparo de falta directa de José, boa intervención nesta, e mellor se cabe no rexite a tiro de Jony, nova asistencia do dous vermello esta vez a Mikel, que se atopa co longueiro, perfecta saída de presión de José que lla pon a Mikel e este volve a darse de bruces con, como non, o porteiro¡¡¡. Non era o día e mascábase a traxedia.
Bizza aínda tivo que facer outra boa intervención nos minutos finais, e xa no intento de xogo de cinco no derradeiro minuto, o rival, quedaba cun home menos facilitando a tarefa dos de Pazos. Lito dende o seu campo e Borja, aínda puideron aumentar o resultado, non sería así.
Encontro malo da S.D. Pazos, que mereceu ganar por ocasións que non por xogo, e que por enésima vez deixa claro que nesta categoría calquer partido ou equipo sen andar fino é difícil de vencer. 
 
 
 
      
 


No hay comentarios: