Páginas vistas en total

viernes, 15 de noviembre de 2013

PREVIO PARTIDO CONTRA O RIBEIRA DE PIQUÍN F.S.

Complicada saída a que lle agarda esta xornada a S.D. Pazos Fútbol Sala, os vermellos viaxan a Lugo para medirse ó cuarto clasificado, o Ribeira de Piquín F.S..
O conxunto lugués a pesares do seu irregular comezo de tempada, semella pasar agora por un bo momento de forma, sendo quen de gañar a rivais de entidade como poden ser o Troula F.S. ou o Carballiño F.S..
Os nosos afrontan este encontro coa mentalidade que acostuman, e na que incide habitualmente o seu adestrador, tratar de seguir sumando sen mirar clasificacións nin mais alá.
Jony e Mikel con sendos procesos gripais non adestraron en toda a semana, e ainda que formarán parte da expedición, a sua participación e dubidosa. O resto do plantel esta todo disponible, unido Hugo, xa recuperado da sua lesión.
O encontro disputarase o sábado no pavillón polideportivo municipal de A Fonsagrada ás 17:30.

No hay comentarios: