Vistas de página en total

viernes, 29 de noviembre de 2013

PREVIO PARTIDO CONTRA O CARBALLIÑO F.S.

Na xornada dez da terceira división nacional a S.D. Pazos Fútbol Sala visitará ó Carballiño F.S..
O conxunto ourensá, logo de comezar con folgos a tempada, atópase nestes intres sumido nunha crise de resultados, perdendo os últimos catro encontros, caendo ata a décima posición que hoxe ocupa. Isto non debe supor ningún tipo de confianza nos nosos, mais ben todo o contrario, posto que como é lóxico, o rival estará desexando cortar esta mala xeira canto antes.
Coa intención de gañar e lavar a imaxe do anterior partido lonxe de Pazos, viaxan os de Marcelo, tendo moi claro que para iso haberá que deixa-lo todo no parquet do Paco Chao.
O encontro disputarase o domingo ás 11:30 no pavillón municipal Paco Chao.

No hay comentarios: