Páginas vistas en total

domingo, 1 de diciembre de 2013

CARBALLIÑO F.S. 8 - 3 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Derrota clara da S.D. Pazos Fútbol Sala en Carballiño. Os de Marcelo, voltaron as andadas facendo un primer periodo nefasto que deixou sentenciado o choque e, de paso, recordou tódalas carencias do equipo.
O Carballiño F.S. apabullou ós nosos, amosando calidade, xogo individual e colectivo, estratexia...parece claro que se puideran dispor sempre de todo o seu plantel, a súa posición na taboa sería ben distinta.
Quinteto inicial: Jorge-Hugo-José-Luis e Jony, no banco: Bizza, Santi, Remo, Lito e Borja.
Incomprensibles os dous primeiros minutos, os locais, cunha tímida presión conseguían que, primeiro José e uns segundos despois Hugo, lles cederan dous balóns ó borde da área cos que batían irremediablemente a Jorge, 2-0 no marcador, un minuto e medio de xogo.
Tocaba machada e para nada ía ser o día, atolados, descolocados, imprecisos...mal, francamente mal. Mentres o rival campaba as súas anchas polo municipal Paco Chao, chegadas por banda, en paredes, un para un...Aínda  así, primeiro Luis en xogada persoal e Lito nun tres para dous, puideron meternos no encontro, pero en ambas atopáronse co meta.
No once e medio o 3-0, saque de banda local, Lito tenta roubar, parede con pase ó segundo pau e novo gol dos da casa, mais difícil.
José, de falta directa lateral, estivo a piques de recurtar distancias, o seu zapatazo sairía a rentes do pau,  e tamén a tivo Santi, nun remate franco tras estratexia de corner, non puido ser e pasou o que normalmente pasa. 4-0 de frouxo lanzamento exterior, 5-0 tras magnífica saída de presión, e 6-0 de lanzamento de falta directa dende a liña de puntos. Un total desastre de primer tempo.
Na segunda parte non quedaba moito mais que dar a cara, estar ás duras como se esta ás maduras, e tirar de grupo e dignidade para respetar o escudo como se merece,  e así se fixo ou se tentou facer.
Os vermellos xogaron mais concentrados, mais agresivos, e coa posible relaxación local, o encontro igualouse bastante.
Seguramente merecemos anotar algunha das que tivemos nos primeiros minutos, José de forte disparo despexado polo porteiro, e sobre todo un man a man de Borja que erra na definición.
Erras e págalo, gol de calidade de Edu ante a nosa fundida defensa para redondear a sua boa actuación, 7-0.
Quedaban nove minutos e xa non acusamos o golpe, seguimos ó noso e volvemos a telas. Luis saca rápido unha falta, cede a Jony que se vai do rival na banda e bate por entre as pernas ó porteiro, 7-1. 
Pareceu dar algo de moral o gol xa que acumulamos dúas claras antes de volver anotar, contragolpe no que asiste Jony e disparo de Luis que desvía ó porteiro, cambio de papeis e Jony erra a porta baleira logo de regatear o meta. A seis  minutos para a fin o 7-2, rouba Luis en media pista e marca de tiro raso.
Fomos a por mais pero atopámonos cedo co 8-2, zurdazo lonxano que sorprende a Bizza e cólase por toda a escadra.
Nos derradeiros minutos puidemos maquillar algo mais o resultado, Santi nun dobre remate, Jony, Hugo que a estampa contra o longueiro. Só José atinaría a definir nunha boa acción de pivot, para establecer o definitivo 8-3.
Resultado que nos devolve a realidade e que nos ten que valer para traballar mais e mellor. O Carballiño F.S. é un señor equipo e se ademáis, non estas ó teu mellor nivel e concedes tanto, pois pasa o que pasa. Con todo tan igualado nun mal día levas un saco. 
 
 
 
 
 
 
  

1 comentario:

Anónimo dijo...

tiron de orellas: ante a falta dun xogador franquicia este equipo basease no traballo en grupo , na humildade e o traballo colectivo se iso falla somos muy vulnerables e volveuse a demostrar,vos sodes muy grandes ,e por favor ,traballo e humildade...traballo e humildade ,animo, you´ll never walk alone