Vistas de página en total

domingo, 23 de febrero de 2014

S.D. PAZOS Fútbol Sala 5 - 3 A FUGA XOVE F.S.

Victoria na tarde de onte da S.D. Pazos, nun enconto reguleiro pola nosa parte, e que se volveu cimentar nun segundo tempo bastante mellor que o primeiro. Como se prevía, o Xove vendeu cara a sua derrota, cun plantexamento moi serio e que o tivo con vida ata o derradeiro minuto.
Quinteto inicial: Bizza-José-Lito-Luis e Jony, no banco: Hugo, Santi, Remo e Mikel.
O primeiro tempo tivo pouca historia, ainda que lle puido custar a derrota ós nosos. Os visitantes tiñan moi claro o que facer, encerrados atrás e perigosísimas contras. Nos comezamos como de costume, espesos, con lentas transicións e a pesar de monopolizar a posesión, sin crear apenas ocasións.
Ós tres minutos o Xove facía boa a estratexia plantexada, perda en media pista, rápido contragolpe dous para dous mal defendido, e punteirazo ante Bizza, 0-1.
Parecemos espabilar nos minutos seguintes con mais velocidade na circulación, pero as imprecisións e o bo facer defensivo visitante, malograba calquera posibilidade.
O primer tempo transcorreu prácticamente sen darnos conta, só Lito ou Jony nalgunha acción individual aillada , conseguían inquedar algo á defensa rival.
O 0-2 no minuto nove, corner con tiro exterior ó segundo pau, e gol ás costas de Santi, mal pintaba a cousa.
Os derradeiros dez minuto foron de bostezo xeral, cos xovenses, cada vez mais a gusto. Balón noso, pero moi predecibles, sendo o remate exterior case a única opción que nos quedaba, José tampouco tería o seu día nesa faceta.
Por sorte, un momento de lucidez a excasos segundos do final meteunos no partido. Saque de banda en media pista de Lito sobre Luis, este combina con Remo de pivot na banda, perfecta devolución ó centro da área, e Luis chegando dende atrás define entre as pernas do porteiro, 1-2.
No segundo tempo a nosa presión a toda pista deu os seus froitos, facendo sufrir cada intento de sair co balón do rival e encadeando mellores opcións.
Tívoa Lito case ó comezar nunha xogada case calcada a do gol, e de novo con Remo exercendo de pivot, o once vermello finalizou de punteira a rentes do pau.
Encerrados na sua área, os visitantes, continuaron abortando as acometidas locais. Remo de tiro exterior, e José no lanzamento dunha falta, eran das mellores que tiñamos.
No minuto catro o 2-2, rouba Lito na presión en medio campo, bola para Luis que se vai por velocidade, e remate cruzado ó pau e adento.
Un minuto mais tarde o 3-2. Presión axfisiante en área rival de Santi, Jony e Lito, que remata en saque de banda a favor local. Lito saca rápido sobre Luis que ven a pegar, e o remate deste entra a pesar dos esforzos do porteiro.
Dende este momento, o plantexamento xovense viuse abaixo, tendo que sair a polos puntos e abrindo moito o encontro.
O espectáculo creceu co toma e daca seguinte, reparto de ocasións cun Xove que cría na igualada.
Primeiro Lito e logo Remo en sendas accións individuais puideron por terra de por medio. E tamén Santi, nun pase de Jony ó segundo que batía nun defensor, e noutra clarísima en asistencia de Remo que salva o porteiro in extremis. Non matábamos, e o rival dispuña das suas probando a Bizza.
A falta de sete minutos o 3-3, conexión co pivot que se xira ante a feble defensa de Mikel, e punteirazo entre as pernas de Bizza. Pantasmas de novo rondando "Anfield".
Jony disipounas deseguido en xogada persoal que remata en corner, no saque deste o 4-3.
Saca Mikel, disparo de Lito que caza Luis no segundo pau, e balón á rede.
Debemos romper o choque de seguido, Lito nunha que lle deixa Luis para empurrar e se vai fora por nada, e noutra que el mesmo se fabricou e que detivo o porteiro, non recibiu o premio do gol o seu esforzo.
 Faltando dous minutos e medio, os de Xove puñan en liza o porteiro-xogador. Tras ter unha clara, no saque de porta da mesma , Santi a pase de Lito anotaba o da "tranquilidade".  Co mazazo do gol, o derradeiro minuto non deu para moito mais.
Tres novos puntos e a seguir pelexando. Como demostrou o A Fuga Xove onte, calquer equipo desta categoría é un duro rival, sen poder fiarse da posición que ocupe na taboa. 
 
 

1 comentario:

marcos dijo...

Vamos chavales que xa estamos na pelea solo un grupo coma este o pode conseguir loita e sacrificio