Vistas de página en total

viernes, 21 de marzo de 2014

PREVIO PARTIDO CONTRA O CARBALLIÑO F.S.

Este xornada visita Pazos un inmediato perseguidor, o Carballiño F.S., conxunto de ingrato recordo para os nosos.
Os ourensás, no que seguramente foi o peor encontro dos vermellos no que vai de liga, infrinxíronnos na sua pista unha contundente goleada, 8-3 foi o resultado final. Amosáronse coma un conxunto disciplinado, de calidade, que mestura veteranía e xuventude, e no que destaca por riba do resto Edu, xogador clave no seu engranaxe.
Marcelo e os seus, mais que con ánimo de revancha, afrontan este choque coma outra final, sabedores de que todo o que non sexa gañar, afastaraos definitivamente da posibilidade de rematar nos postos de privilexio. Difícil papeleta a só catro xornadas do remate.
O plantel estará todo a disposición para esta transcendental cita.
O encontro disputarase o sábado no pavillón municipal de Pazos de Borbén ás 19:00.
 
 

No hay comentarios: