Vistas de página en total

lunes, 24 de marzo de 2014

S.D. PAZOS Fútbol Sala 5 - 3 CARBALLIÑO F.S.

Antes de comezar coa crónica, facer unha mención especial á desafotunada , lamentable e mais que probable grave lesión do porteiro do Carballiño F.S., PUCHO, no transcorrer do encontro. A falta de sete minutos para o pitido final, un lance fortuito entre Pucho e Luis nun balón sin dono, rematou coa lesión nun xeonllo do xogador ourensá, quen tivo que abandonar o pavillón en padiola con evidentes sinais de dor, e ante o aplauso dos presentes. Dende tódolos estamentos do club, directiva, corpo técnico, e xogadores, darlle  ánimos, e desexarlle unha pronta recuperación.
No meramente deportivo, victoria xusta, sobretodo polas ocasións de uns e outros, que non tanto polo xogo, bastante igualado na maior parte do tempo.
O quinteto inicial foi o formado por: Jorge-Luis-Remo-Jony e Borja, no banco: Bizza, José, Hugo, Santi e Lito.
Entramos ben no encontro, concentrados,con fluidez, e sen deixar que os visitantes impuxeran o seu vistoso xogo. Nos primeiros tres minutos, Jony, gozou de duas oportunidades moi boas para pornos por diante. A primeira, logo de roubar e irse cara porta detendo o porteiro, e a segunda, na cal, quen se fai coa bola é Borja, pásalla ó dous vermello, e este, volve a topar co meta.
Co transcorrer dos minutos, os visitantes, fixéronse dominadores, ainda que o perigo corría da nosa conta.
No minuto seis inaugurábamos o electrónico. Luis colle un rexeite propio dun defensor, amaga un novo disparo pero deixalla de costas pisada a Lito, quen de disparo raso ó borde da área, bate ó porteiro por entre as pernas, 1-0.
Nun abrir e pechar de ollos, o Carballiño daríalle a volta o marcador. O 1-1, nunha boa xogada individual na que o rival senta á nosa defensa, e o 1-2, nun saque de banda rápido ó interior da área ante a pasividade local.
Reaccionamos con tranquilidade, sen volvernos tolos como nalgunha outra ocasión.
Os visitantes, movíana con criterio, pero sen inquedar moito a Jorge, e nós, cando a tíñamos, levabamos  perigo. Das moi claras, unha de Luis a pase de Lito, que pica ante a saida do porteiro e corta un defensor cando ia para adentro, e outra de José, en estratexia de banda, que rebentaba a bola contra o pau.
Nos intres finais obteríamos premio á constancia.
José sae con calidade da presión, e monta un 3x1 no que cede a Santi, este gaña a banda en velocidade e asiste ó segundo pau, onde Lito establece a igualada, 2-2.
O descanso pareceu dar folgos ós de Marcelo, que tralo paso polos vestiarios, dispuxeron de posibilidades de abondo para coller ventaxa.
Apenas comezar, Lito, en acción persoal estralaba un balón no poste, e uns minutos despois, Jony, facía o propio contra o longueiro.
Ós cinco minutos, a insistencia daba froitos. Lito dispara dende a liña de puntos ante un contrario, roza en Luis,e Borja, habíl, deixa pasar entre as pernas despistando por completo ó porteiro, 3-2.
Non se conformaron os vermellos, sabedores de que a calidade dos visistantes podía xurdir en calquer momento. Luis, cun punteirazo nun balón solto, volvía facer soar o pau, e Borja, en xogadon individual, decide pasar en lugar de finalizar cando tiña todo a favor.
O Carballiño non se deixou ir, e nun erro na marcaxe de Santi, Edu, batía por baixo a Bizza, 3-3 minuto nove.
Con todo aberto, o choque, viuse interrumpido uns vinte minutos pola desgraciada acción xa mencionada. Ainda co mal sabor de boca polo acontecido, os xogadores, afrontaron os minutos finais a tumba aberta.
No minuto quince, conseguíamos poñernos outra vez por diante. Saque de banda rápido de Jony, Luis deixa pasar, e Lito, chegando dende atrás, fai o 4-3 cun tiro raso lonxano.
Os puntos tiñan que ficar en Pazos, e non sen sufrimento, logrouse que así fora.
Os visitantes obtaron polo xogo de cinco, e defendémolo ben, ainda que nos segundos finais, a piques estivemos de ver voar dous puntos vitais. As puntas dos dedos de Bizza, enviaron ó poste, un duro remate cercano.
No derradeiro suspiro, Bizza, anticípase nun balón en longo, e o disparo vai a gol, un defensor salva polo chan na mesma liña, pero deixalla morta a Jony, quen a funde contra as mallas sen tempo para mais, 5-3.
Tres importantes puntos ante un rival que ó noso entender xoga moi ben a isto, e que nos permite deixar ós inmediatos perseguidores a sete puntos con nove por xogarse, doce no noso caso.
Este fin de semana haberá parón na competición, momento que aprobeitaremos para xogar o partido aprazado no seu día contra o Superti F.S.. 

No hay comentarios: