Vistas de página en total

viernes, 28 de marzo de 2014

PREVIO PARTIDO CONTRA O SUPERTI A PONTENOVA F.S.

Esta fin de semana non hai liga na terceira división nacional, momento que os nosos, aprobeitarán para porse ó día coa competición xogando o encontro aprazado no seu día.
As cousas non cambiaron moito dende o momento en que se debeu disputar este choque ata hoxe, nos seguimos tentando non perder comba cos de arriba, e eles, a facer tódolos puntos posibles para rematar a tempada do mellor xeito posible.
Non hai ningún tipo de confianza nos de Marcelo como nos deixa claro Luis. "Nós non podemos confiarnos ante ninguén" "a maioría de puntos que perdemos este ano foi con equipos da metade da taboa para abaixo, polo tanto..." "son un bo equipo como nos demostraron na primeira volta, gañándonos con solvencia no seu feudo" "somos conscientes da importancia destes tres puntos, a ver se logramos que fiquen en Pazos".
O encontro disputarase o sábado no pavillón municipal de Pazos de Borbén ás 17:30

No hay comentarios: