Vistas de página en total

lunes, 31 de marzo de 2014

S.D. PAZOS Fútbol Sala 6 - 5 SUPERTI A PONTENOVA F.S.

Cando algúns xa non contaban cos nosos para a loita polo título, resulta que a falta de tres xornadas, colócanse como líderes en solitario da competición. É certo que temos por diante un calendario terrible, con tres encontros durísimos, primeiro contra un equipazo como é o Troula, e despois, ante dous aspirantes ó campeonato, como son Santiago e Burela "B",  pero tentaremos defender esta privilexiada posición ó máximo.
Onte fixemos un partido reguleiro, ante un rival que non veu de paseo a Pazos, e que loitou ata o final por levarse os puntos, por sorte, e non sen sufrimento, fomos quen de quedarnos con eles.
Quinteto inicial: Jorge-Hugo-Luis-Remo e Jony, no banco: Bizza, José, Santi, Lito e Borja.
Os primeiros dez minutos foron de tanteo, cos dous equipos expoñendo as suas ideas e sen apenas ocasións. Reparto de chegadas pero cos dous porteiros prácticamente inéditos.
No minuto nove puñámonos por diante. Estratexia de banda, e José, como xa comeza a ser costume, crávaa na escadra, 1-0.
O 2-0 case sen tempo a pestanexar. Tenta crear o Superti, Borja rouba na presión en media pista, vaise en velocidade, e bate de tiro cruzado ante a saida do porteiro.
Parecía que podía ser una tarde prácida con esta ventaxa, pero os visitantes, non estarían pola labor de que así fose.
Recurtaban distancias no minuto once. Intento de estratexia noso noutro saque de banda, perdémo-la bola, e contragolpe fulgurante 1x1 con Jorge, que remata na rede, 2-1.
Puido ser peor uns minutos mais tarde. Remo, salva baixo paus logo dunha boa acción individual dun xogador lugués.
No minuto catorce, Jony, daba algo de tranquilidade. Asistencia de Santi en profundidade ó interior da área, e o dous vermello, en rápida execución a reviravolta, anota o 3-1.
Nos derradeiros minutos puido marcar calquera. O Superti tivo duas boas, en concreto, un duro lanzamento de falta que non se foi por moito, e nós, outras duas. Unha de Remo, tras saque longo de Jorge, na que tras perfecto control define contra o meta, e outra de Lito case ó final, que en xogada elaborada se pranta diante do porteiro desviando este.
Primeiro tempo de altibaixos, con dominio alterno, e que non daba pé a intuir cal podía ser o resultado final.
O segundo periodo estivo marcado pola apatía local, non se sabe ben porqué, aínda que o medo ás "alturas" pode ser unha das causas, sen restar ningún tipo de mérito ó rival.
Ó minuto e medio xa nos metiamos en problemas. Gran acción individual do dorsal dous, que logo de ridiculizar á nosa defensa e porteiro, anota a pracer, 3-2.
Os de Macelo parecían seguir nos vestiarios, e o panorama pintaba feo a tenor do que se vía sobre a pista. 
Fómonos entoando algo co caer dos minutos, e tras un roubo de Lito na presión e posterior asistencia a José, que empurra con tranquilidade, recobramos a ventaxa, 4-2 minuto seis e medio.
Melloramos algo con este gol, encadeando tres claras ocasións que non fomos quen de concretar. Lito en xogada persoal que desvían entre o porteiro e o pau, José de zurdazo que bate na cruceta, e Luis, nun balón longo que envía a corner o meta.
Transcorría o minuto once cando os nosos rapaces "desapareceron" do municipal.
Xogada individual por banda esquerda da defensa local, moi semellante a do segundo gol visitante, e idéntico resultado, 4-3.   
Sacamos de centro, regalámola, e a banda esquerda volvía a ser unha autopista, gol, 4-4.
Como auténticas pantasmas sacamos de centro, e logo de marealo balón un minuto, perdémolo, e cunha simple paralela sen oposición, caeunos o quinto, 4-5 minuto trece.
Que dous minutos!!! mala circulación, pésima defensa, na que só se salvan os do banquillo, mal o porteiro...un despropósito.
Tiñamos por diante sete minutos para voltear o resultado, e a que tal vez é a nosa mellor virtude, fixo o resto, NON DARNOS POR VENCIDOS.
No mesmo minuto, Luis, aprobeitaba un balón morto ó borde da área, para de punteira, establecer as taboas, 5-5.
Continuamos crendo, e un minuto mais tarde puñamonos por diante.
Rouba Jony anticipándose en medio campo, Lito mete ó interior da área, e Luis, co calcaño, anota de costas a portería, 6-5.
Que compricado o facemos todo, non apto para cardíacos, e aínda deixaríamos algo para os intres finais.
Dispuxemos de varios contragolpes 3x2 nos que decidimos mal, e como non, cazáronnos nunha contra. Jony tivo que cortar en falta, co conseguinte dobre-penalti, quedaban dous minutos.
Jorge detén o lanzamento, e tamén o rexeite, e un intre mais tarde, salva providencial co pé un balón de empurrar no segundo. Redimíase así dalgún gol anterior o porteiro vermello.
Lito a pouco do final asistido por José, casi sentencia, pero o porteiro adivinalle a intención no man a man desviando a corner.
Nos segundos finais, Santi, concentradísimo, é quen de pechar o filón que era a nosa banda esquerda.
Victoria e liderato, EXITAZO de Marcelo e os seus nun ano que se presupuña compricado.
Seguir dando a cara ata o derradeiro minuto, e disfrutar disto é o único obxetivo.   
    

1 comentario:

Anónimo dijo...

MOITO ANIMO! E BOA SORTE! A SEGUIR FACENDO HISTORIA!