Vistas de página en total

sábado, 5 de abril de 2014

PREVIO PARTIDO CONTRA O TROULA F.S.

Cando só restan tres xornadas para a fin do campeonato, esta promete fortes emocións, tanto pola parte alta como pola baixa. Encontros entre rivais directos, e outros, entre bos conxuntos que xa apenas se xogan nada contra equipos que se xogan todo; este último é o noso caso.
Visítanos o Troula F.S., un dos a priori claros candidatos ó titulo, pero que polo que sexa hai varias semanas que caeu da loita final. Os coruñeses son un plantel contrastado e de moita calidade, polo que para vencelos, teremos que dar o noso mellor nivel. Primeira das tres finais que nos quedan.
Marcelo mantén a seria dúbida de Santi, quen non puido rematar o adestramento do xoves por un golpe nun nocello, o resto todos disponibles.
O encontro disputarase o sábado no pavillón municipal de Pazos de Borbén ás 19:00.

No hay comentarios: