Páginas vistas en total

lunes, 13 de octubre de 2014

P.E. AZKAR LUGO F.S. "B" 5 - 3 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Chegou a primeira derrota da tempada para a S.D. Pazos Fútbol Sala. Ante un moi bo rival, e a pesar das adversidades, os de Nesto, tiveron posibilidades reais de traer algo positivo de Sarria.
Os problemas en forma de lesións comezaron durante a  semán, e remataron onte, deixando a Nesto con un cambio e medio para afrontar o choque.
Non viaxaban nin José, nin Torres, e Luis e Hugo si o facían pero con escasas posibilidades. Na mañá de onte, caia tamén Dani, quen cunha gastroenterite non formou parte da expedición.
Hugo e Luis víronse obrigados a abandonar o quecemento na metade do mesmo, ó non superar as suas respectivas doenzas. O primeiro non puido desputar ningún minuto, e o segundo, ainda que si o fixo, foi mais como refresco que outra cousa.
5 INICIAL: Bizza - Santi - Jonas - Jony e Remo, no banco Jorge, Luis e Borja.
Comezou o choque como era previsible, bola para os locais, e os vermellos, a  facerse fortes en medio campo e a tratar de aprobeitar calquera transición. Nunha delas, Jonas, a pase de Jony, erraba o intento de vaselina no man a man co porteiro.
Tras reparto de ocasións, os de Pazos púñanse por diante. Estratexia de corner, e Jony a pase de Borja, anotaba de tiro raso, 0-1.
Puidemos facer o segundo ante as presas locais. Un pase interior de Jonas, rematao Luis co calcaño, pondo a proba os reflexos do meta.
Ainda así, non tardaría en chegar a igualada. Un disparo lonxano sorprende a Bizza establecendo o 1-1.
Nos dez minutos finais deste primeiro tempo foi donde mais sufriron os nosos. O rival facía empregarse a Bizza, e non coseguiamos sair con claridade.
O 2-1, chegaba nunha perda de balón de Jonas cando tentaba sair coa bola sendo último home, Bizza, nada podía facer.
A pesar de ser inferiores nestes minutos, con coraxe lograbamos ter opcións. Un man a man que se fabrica Jony, outro de Borja...
Antes do descanso, o 3-1. O filial lucense, devolvíanos a estratexia de corner coa que inauguraramos o electrónico.
Primer tempo competido sendo mellores os locais, pero sen renderse en nigún momento os de Pazos.
Saímos moi centrados na segunda parte, encadeando varias ocasións que nos permitían creer na igualada.
Remo asistindo, Santi en ataque e defensa, Jony tentando encarar...tiñamos vida.
Mediado este periodo xurdiu a figura de Borja. Primeiro, montando unha contra na que combina con Jony, que lla devolve, e o doce empurra a prazer, 3-2. E uns intres mais tarde, para conseguir as taboas.
Saque longo de Bizza, control, e disparo con angulo escaso que se coa entre as pernas do meta, 3-3.
Faltaban sete minutos e medio, e todo parecía volver a comezar.
Non nos deu tempo a disfrutalo. Bizza, logo dun mal control e posterior intento de despexe, acaba entregándolla a un xogador azulón que marcaba a porta valeira, 4-3.
Seguimos a remar ata o final. Parede Jonas-Jony, e este último, envía ó pau só ante o porteiro. Para mais infortunio, o rexeite tampouco consegue metelo para dentro.
Con Bizza xa refeito detendo moito, Santi gozaría dunha boa, pero parecía claro que o noso tren xa pasara.
Nos intres finais un moi riguroso dobre-penalti remataba por axusticiarnos.
Nesto, a pesar da derrota acabou conforme. "tiñamos moito en contra na tarde de hoxe, un gran rival, baixas importantes" "demos todo o que tiñamos e iso para min é o mais importante" "nesta categoría os erros páganse moi caros, pero estas cousas pasan".
 
 
 
  

2 comentarios:

NESTO dijo...

a pesar de la derrota este es el partido donde mas satisfecho sali,tanto a nivel entrenador,como personal.tuvimos todo en contra,pero jamas agachamos la cabeza,la gente mas veterana dando ejemplo y los mas jovenes un paso al frente,felicidades equipo con mayusculas,esto nos hara mas fuertes,gracias por vuestra entrega,
NESTO.

Mon dijo...

Buen trabajo chavales, en este tipo de partidos es donde se forjan los grandes equipos, seguid así y seréis uno de ellos.