Vistas de página en total

sábado, 18 de octubre de 2014

PREVIO PARTIDO CONTRA O TROULA F.S.

Na tarde de hoxe a S.D. Pazos Fútbol Sala enfróntase ó Troula F.S..
Os dous equipos comezaron a campaña de xeito irregular, acadando só unha victoria nestes tres encontros. O empate colleitado polos nosos en Santiago, fai que cheguemos a este choque cun punto por riba dos coruñeses.
Non hai lugar a dúbidas sobre o rival, quen a pesar de sufrir cambios importantes no seu plantel, é un tradicional expoñente de fútbol sala de calidade en Galicia.
Nesto, tralo fatídico fin de semana pasado, recupera efectivos para hoxe. Volven Dani, Torres, Hugo e mantense a incógnita de Luis, do que se valorará o seu estado no quecemento. José continua a ser a importante baixa.
O encontro disputarse o sábado no pavillón municipal de Pazos de Borbén ás 19:00. 

No hay comentarios: