Páginas vistas en total

domingo, 19 de octubre de 2014

S.D. PAZOS Fútbol Sala 3 - 1 TROULA F.S.

Os tres puntos ficaron na casa a pesar do irregular partido dos de Nesto na tarde de onte. O Troula tivo as suas tamén, dous paus incluidos, e ainda que no computo xeral tal vaz fomos algo mellores, a diferencia marcouna a efectividade en momentos clave.
Como a semana anterior, volvéronsenos a acumular os problemas antes de comezar. Jonas caiase da convocatoria por un problema estomacal, e Santi, viase obrigado a abandoar o quecemento ó non recuperarse dun forte golpe no pé. Con Luis renqueante da lesión muscular, o panorama non parecía o mais favorable.
5 INICIAL: Bizza - Remo - Jony - Dani e Borja, no banco: Jorge, Torres, Hugo e Luis.
Os vermellos saltaron concentrados á pista ante un cauto conxunto coruñés. Nos mellores minutos dos locais, desaprobeitamos as primeiras ocasións a pés de Remo ou Dani.
Dominabamos a situación nestes compases, tendo paciencia, e defendendo ben calquer intento visitante.
Remo moi activo todo o choque, voltaba a probar ó porteiro, o rexeite, non conseguiría remachalo Torres. Tampouco sería quen de facelo Borja, logo dun pase entre liñas de Luis, nin este último asistido por Jony, un defensor salvaba baixa paus.
Os minutos caían e o marcador continuaba inalterable, errabamos moito e o Troula íase sentindo cada vez mellor. Nos cinco minutos finais, o dominio e as posibilidades trocaron de bando.
A sorte estivo ó noso carón nestes intres, Bizza, e o pau nunha volea lateral, permitían que chegasemos indemnes ó descanso.
O segundo tempo puido caer para calquer lado. Faltábanos claridade á hora de finalizar, dilapidando as ocasións que tiñamos, e o Trolua continuaba mellorando as suas prestacións.
Dani que non acerta, Borja que solo vótaa fora, non definíamos, e perdíamos transicións en favor deles.
Bizza, marcaría o devir do encontro no minuto cinco. Combinación espectacular dos visitantes, e paradón de reflexos do cancerbeiro sobre a liña cando todos viamos o balón na rede.
Desbordados, surxía Jony,  sempre entregado á causa. Lograba roubar e irse do rival, pero non acertaba no man a man.
Turno para eles, o pau volvía a ser o noso aliado. De novo para nós. Torres, non lograba empurrar a rede en duas deixadas de Jony e Luis. 
No minuto once o electrónico daba sinais de vida. Latigazo exterior de Dani que o porteiro envía a corner. Estratexia que muda de súpeto ante os  movementos de Remo e Luis. Asiste Jony, e o dez define con serenidade diante do meta, 1-0.
Xarro de auga fría no bando visitante cando mellor estaban. E puido ser peor, si Borja chega a acertar cunha vaselina uns segundos mais tarde.
No minuto trece outra acción que resultaría fundamental. Expulsión clara por dobre amonestación, e superioridade local. Xogámola de maravilla, con pausa e desbaratando a defensa ós poucos segundos.
Asiste Luis, e Hugo bate por entre as pernas do porteiro con algo de suspense, 2-0.
O técnico visitante, a tenor dos acontecementos, disporía inmediatamente do xogo de cinco.
A falta de dous minutos a estratexia dáballe froitos. Un pase ó segundo pau, remataba nas mallas logo de bater en Remo, 2-1.
Había que sufrir ata o final, e así se fixo. Con corenta segundos por disputarse, as balas vermellas firmaban a sentenza. Rouba Jony,  parede con Luis, saída á contra, asiste o dous ante o porteiro-xogador, anota Luis, de manual.
O mellor o resultado, traballo e mais traballo para seguir a competir nunha categoría tan igualada.
   
  

No hay comentarios: