Páginas vistas en total

sábado, 29 de noviembre de 2014

PREVIO PARTIDO CONTRA O 5 CORUÑA F.S.

Novamente en domingo desputa a xornada a S.D. Pazos Fútbol Sala, nesta ocasión en A Coruña.
Se só nos ceñisemos á clasificación, este, debería ser un partido asequible para os de Nesto, pero como é ben sabido, e demostrado, nesta liga se hai algo que predomina é a igualdade.
Os coruñeses, continuan co proxecto iniciado a tempada pasada, no que a xuventude do plantel marca a pauta. Un conxunto con un ano mais de experiencia, habitualmente intenso, e traballado tácticamente.
Nós, viaxamos coa clara intención de gañar, posto que, as xornadas pasan, e o que se descolgue agora, vai ter moi complicado loitar polo bonito.
Para este choque o técnico vermello non poderá contar con José, Jonas, nin Dani, e mantén a seria dúbida de Bizza cun problema no pescozo. A volta ós entrenos e a convocatoria de Jorge non puido chegar en mellor momento.
O encontro disputarase o domingo no pavillón municipal do Barrio das Flores ás 12:30.

No hay comentarios: