Vistas de página en total

lunes, 1 de diciembre de 2014

5 CORUÑA F.S. 5 - 4 S.D. PAZOS Fútbol Sala

De baleiro regresou a S.D. Pazos Fútbol Sala do desprazamento a A Coruña. Nunha praza que comeza a resultar "maldita", os de Nesto, amosaron a sua peor faciana, un partido que recordou por momentos ó realizado en A Fonsagrada.
Primeiro tempo no que sen xogar ben se dispuxo de moitas ocasións, e no que Bizza, só tivo que facer tres verdadeiras intervencións. E segundo de nulas ideas, no que agasallamos as boas intencións locais con tres goles. Mención especial ós goles encaixados, de autentica tira cómica.
5 INICIAL: Bizza - Torres - Jony - Luis e Remo, no banco: Jorge, Hugo, Santi e Borja.
Propostas sobre a mesa dende o pitido inicial. Os locais, movendo na sua metade de cancha con calma e sen verticalidade, agardando que o noso ímpetu nos xogara unha mala pasada para sair con claridade. E os visitantes, pretendendo aguantar en media pista pero empeñados en finiquitar o duelo o mais a presa posible.
No minuto dous e medio, un erro arbitral abócanos ó 1-0. Balón en profundidade, Luis, corta no aire e case bate por alto a Bizza, este, vese obrigado a enviar a corner, e os colexiados sinalan cesión. O lanzamento incrústase na escadra.
Que dano lle fixo esta acción ós protagonistas da mesma. Dous pesos pesados que o son, e deben selo,  sumíndoos o resto do partido nun estado histérico-depresivo que en pouco ou nada beneficiou ó resto.
Encoraxinados votámonos a polo empate,  e tras rondalo, lográmolo no minuto cinco. Individualidade de Jony na banda que asiste ó interior da área, e a bola pega nun rival para irse adentro, 1-1.
Continuamos coa mesma tónica nos minutos seguintes. Luis en banda probaba ó porteiro, e nun lanzamento de falta, via como a barreira baixo paus desbarataba o seu intento.
Torres, tamén disporía dunha boísima, gañando o segundo pau nun pase do dez vermello, o feble pé, non conseguía empurrar á rede.
Turno para Jony, nova xogada por banda, vaise, pero remata contra o meta con Hugo libre para anotar.
O choque estaba aberto e tíñamolas, polo que o segundo era cuestión de tempo.
Jony, rompíaa contra a barreira noutro lanzamento de falta, e de seguido atoparíamos o premio.
Rouba Hugo, preciosa acción persoal de Jony que lla pasa a Santi, asistencia ó interior da área, e Borja marca en boca de gol, 1-2 minuto trece.
Cambiaban as tornas , e agora os coruñeses amosaban argumentos. Sen chegar a inquedar a Bizza, si daban sensación de perigo, con tiros exteriores, e bolas ó segundo pau.
Terían a mellor nun contragolpe, pero ahí estaba providencial a man do porteiro.
Luis, logo de roubar e querer axustar en demasia, e nunha compensación arbitral en modo de cesión que despexa o porteiro, serían as nosas últimas.
Bizza a falta de segundos, detiña un punteirazo para deixarnos con ventaxa.
O segundo periodo comezou cunha magnifica xogada de inicio dos da casa. O peito de Bizza evitaba a igualada.
O 5 Coruña saía a por todas, e os nosos, non daban co modo de reverter esa situación.
Intentamos dar algo de calma ó xogo, e cando parecía que o conseguíamos metemos os pes na lama.
Minuto catro. Jony pisa mal de último home sen presión e a bola vaise case ó corner. Estratexia coruñesa na que Luis perde a acción e 2-2.
Non deu tempo a reporse, porque uns minutos mais tarde o agasallo entregabámolo con lazo e todo.
Balón en longo que Luis gaña sobrado, pásalla a Bizza que aparece a media saída, e a bola remata na rede, 3-2. Fatídica mañá defensiva do dez, que neste caso tamén contaba coa colaboración do dorsal un.
Remo, tal vez o único frio nestas situacións, tivo as taboas aproveitando unha lagoa defensiva, o meta saiu vencedor no un para un. Santi, intres despois cun tiro exterior, tamén sairía derrotado.
No minuto doce, se xa non parecía doado ainda lle demos outra volta. Intento de gol de campo a campo do porteiro local, Bizza mándaa a corner cando xa ía fora, e na saída deste, outro corner. Hugo, abre o brazo en defensa e penalti sen discusión.
O lanzamento acertao Jorge cunha gran intervención, pero non pode facer nada no afortunado rexeite, 4-2.
Ante o querer e non poder final, mais co corazón que coa cabeza, Nesto, aposta pola figura do porteiro-xogador a falta de cinco e medio.
Fixémolo ben, e un minuto despois, Luis, conectaba un punteirazo dende a liña de puntos que se colaba entre o pau e o porteiro, 4-3.
O 5-3 no minuto dezasete. Tiro lonxano de Santi, repele o porteiro, e no bote, disparo a porta que entra a rentes do pau. Perplexos quedamos.
Con dous minutos por xogar recobramos a esperanza. Penalti sobre Borja, e Jony, axustiza sen oposición, 5-4.
Non nos deu para mais, porque o ameazante xogo de cinco anterior, mudou en aire no derradeiro minuto.
Nesto mostrábase contrariado ó final "os erros de concentración de días como hoxe, non nolos podemos permitir" "non concibo o cambio de personalidade duns partidos ós outros, urxe unha solución".
Esta semana toca parón, e dádalas circunstancias, haberá que aproveitar para entrenar moi duro e tódolos aspectos. As derrotas, igual que as victorias, non veñen por casualidade. 
 
 

No hay comentarios: