Vistas de página en total

domingo, 16 de noviembre de 2014

S.D. PAZOS Fútbol Sala 2 - 6 A.D.F.S. BUEU

Antes de nada, dar o noso mais sentido pésame ó adestrador da A.D.F.S. Bueu, Javi Santos, e a toda a sua familia, tralo recente falecemento do seu pai. D.E.P.
Sobre a contundente derrota sufrida na casa, pouco que obxetar. Cando erras as que xeras, e cometes erros impropios desta categoría, suceden estas cousas.
Non é querer quitarlle nigún tipo de merito ó rival, nin moito menos, o que gaña sempre é porque o merece. Pero si é certo que a todos nos quedou a sensación de que, os nosos deméritos foron mais motivo da derrota que os acertos do contrario.
5 INICIAL: Bizza - Hugo - Santi - Remo e Borja, no banco: Torres, recuperado a última hora, Dani, Jony, e Luis.
Partido de excaso ritmo nos primeiros compases, cos dous tanteándose, e  mais sen querer conceder que tentar imporse.
As oportunidades comezaron a chegar, e Bizza, tivo que tirar de reflexos nunha estratexia de banda que deixou a un rival fronte a sua cara.
Tocoulle ós locais nos minutos seguintes, dispondo de tres moi claras. Santi, a pase de Borja votouna fora só ante o porteiro, outra vez Santi, logo de roubar na presión que despexa o pé do meta, e Luis, co calcaño tras estratexia de banda a rentes do pau.
Bizza, voltaríase a lucir  logo dunha paralela, e Dani, facía que o porteiro rival fixera o mesmo nun man a man.
Parecía raro que o marcador aínda non se movera pasados dez minutos, e foino á facer do modo mais ridículo.
Saque de banda ó noso favor, bola a Dani que duvida en darlla a Bizza, remata por perder de último home, e rápido disparo do rival que deixa sen poder de reacción ó porteiro, 0-1 minuto once.
Fómonos a polo empate angustiados, como se o partido fose a rematar, e pesar de ter ocasións, tamén as concedíamos. Precipitación, malas transicións que nos custaban contragolpes, pésima estratexia...o Bueu xa case só agardaba o noso erro.
Jony tivoa nun man a man co porteiro, pero votouna fora, e Luis tamén, nun tiro lonxano que desviaron meta e poste.
Nos derradeiros segundos a polémica. Ataque sen defensa dos vermellos, falta aparentemente clara sobre Jony, contrataque e 0-2.
Primeiro tempo atípico na casa, desesperados, e sen coseguer a concentración necesaria ante un contrario hipermotivado.
O segundo tempo foi un querer e non poder. Eles metidos no seu campo, pero sen pasar excesivos problemas, e creándonolos en cada saída de presión ou contra. Cos porteiros omnipresentes nas ailladas ocasións que se creaban, o choque, escapábase inexorabelmente.
A falta de seis minutos, Nesto, opta polo porteiro-xogador tratando de mudar o escenario.
Movemos ben ó comezo, e Esteban, non hai peor lasca que a da propia madeira, non nos deixaba recurtar distancias con duas grandes intervencións a tiros de Jony e Remo.
No minuto quince, Remo, voltase atopar con outra intervención, saque longo, e definición ante Santi, 0-3.
Nin case segundos pasaron para o 1-3. Pases veloces, Remo asiste a Luis, e punteirazo deste dende puntos que se aloxa na escadra.
Esperpéntica a sentencia visitante. Sacan de centro, saímos como tolos a roubar, balón ás costas, dous para un con Bizza, 1-4. De alevíns.
O mazazo foi terrible, por que tíñamos tempo e parecía que xogo, pero a partir de aquí, a precipitación e mala toma de decisións, rematou con nos definitivamente.
O 1-5 nunha perda de bola con gol de campo a campo, o 2-5 nunha contra que define Luis asistido por Remo, e o derradeiro 2-6 noutra perda con disparo lonxano.
Remo, xa ó final e con todo a favor, puido anotar a pase de Jony, pero o remate foise a carón do pau, tampouco valería para nada.
A A.D.F.S Bueu asaltou "Anfield" e baixounos á terra. Para nos, non hai obxetivo claro nesta liga, a competición irao definindo pouco a pouco.
Autocrítica, adestrar, tratar de mellorar, adquirir experiencia, e pelexar cada sábado para poder gañar, esa é a única meta.
  

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Esteban
Bo partido o realizado pola Sociedade, a pesar de que na tarde de onte non mostrou un gran xogo é un equipo que non regala un partido e que non baixa os brazos en ningún momento.
Penso que as xornadas nos colocarán a cada un no seu lugar e vós estaredes onde merecedes que é, de seguro, nos postos de arriba.
Noraboa polo equipo, gran traballo do entrenador e directiva, e por suposto unha gran aficción.

Anónimo dijo...

Horario do proximo partido??