Vistas de página en total

viernes, 30 de enero de 2015

PREVIO PARTIDO CONTRA O C.P. CASÁS

Continua a competición na terceira división nacional coa que será a decimoquinta xornada. Os tres primeiros clasificados desputámola todos exercendo de visitantes, e contra rivais de entidade, polo que podería ser das chamadas decisivas.
Nós viaxamos a Lugo, a enfrontarnos a un rival dos que menos coñecemos, xa que só temos de referencia o choque da primeira volta. Daquela saimos vencedores, ainda que nun partido mais igualado do que sinalou o marcador final, ademáis de que eles afrontárono con baixas significativas.
A sua tempada é irregular, mellorando notablemente nas últimas datas, ata o punto de ser o único que polo de agora venceu na difícil pista de A Estrada.
Os nosos, tiveron un semana atípica de adestramentos, marcada polas ausencias e polo mal tempo, que converteu o terreo de xogo en impracticable, especialmente onte.
Non hai excusas, gañar é o único que nos pode permitir seguir pelexando pola zona noble.
Nesto non poderá contar con Torres e José lesionados, e mantén a dúbida de Santi con gripe.
O encontro disputarase o sábado no pavillón municipal de Lugo ás 16:30.
Noutro orden de cousas. Tralo mini adestramento do xoves, o Club (plantel, corpo técnico, directiva e afección) sorprenderon a Luis e a sua muller, Yobana, cun agasallo en nome de todos pola sua próxima paternidade.
"Sempre digo que somos un bo equipo, pero como colectivo somos a ost..." "un detalle precioso e inesquecible sen dúbida,  MOITAS GRAZAS a todos" comenta Luis.
Yobana, tamén nós deixou a sua mensaxe "Non nolo agardábamos para nada, GRAZAS rapaces
¡¡¡  foi moi emocionante". 
 

No hay comentarios: