Vistas de página en total

lunes, 26 de enero de 2015

S.D. PAZOS Fútbol Sala 2 - 2 SANTIGO FUTSAL "B"

O partido do sábado resultou como cabía agardar, moi competido, e cos dous conxuntos volcados na prol dos tres puntos. Ó noso modo de ver, fixemos mais para que os tres puntos ficaran en Pazos, ainda que só fora pola maior cantidade de oportunidades que xeramos, pero, o que conta é metela dentro, e só fomos capaces de facelo en duas ocasións.
5 INICIAL: Bizza - Jonas - Jony - Luis e Remo, no banco: Jorge, Torres, Hugo, Santi, Breixo e Borja.
Os primeiros cinco minutos foron de clara cor vermella, bailando ó ritmo que marcaba un moi entoado Jonas. Eles, fiaban, como a maior parte do choque, case todo ó seu xogo co pivot, e nós, a roubar e tentar finalizar axiña.
No primeiro minuto unha doble ocasión xa case nos pon en ventaxa. Jony, a media volta primeiro, e Jonas, no rexeite, topáronse cos reflexos do porteiro.
Un minuto despois contragolpe dous para un cos mesmos protagonistas, o dous non acerta a finalizar.
O Santiago trataba de imprimir ritmo nestes minutos, pero non era quen de achegarse polos dominios de Bizza, ante a nosa presión en media pista. Nunha perda, con disparo de Luis que remataba en corner, encaixaría o primeiro.
Saca Jonas, o balón quédalle rexeitado a el mesmo, e bate de tiro raso por entre as pernas do porteiro, 1-0, minuto dezasete e medio.
Duraríanos pouco o botín. Segundos despois, balón ó pivot, frouxa defensa, e o dorsal dezasete bate a Bizza na sua tímida saida tamén por entre as pernas, 1-1.
Volta a comezar e mesmos argumentos en ambos bandos.
As rotacións non afectaban para nada o desenvolvemento do choque, ainda que o partido toleaba por momentos, os nosos eran quen tiñan as opcións.
Hugo, en dous roubos por anticipación, xeraba duas perfectas asistencias que voltábamos a estragar. Na primeira, paradón do meta a cabezazo de Jonas, e na segunda, Borja chegando ó segundo pau disparaba cruzado fora.
Sería Luis, o que probaría novamente o bo facer do cancerbeiro santiagués antes do descanso.
Tiro duro cruzado dende a lateral que despexa este a corner, e xogada individual na que deixa atrás ó defensor cun sombreiro, e finaliza coa zurda obtendo o mesmo resultado.
Intenso e disputado primer tempo no que as posibilidades de gol decantáronse claramente para o noso lado, facendo que Bizza case non tivese nin que intervir.
Non sería así no segundo periodo, no que as formas non cambiaron, pero as ocasións si se igualaron.
Comezou dando o filial santiagues, cun remate de cabeza que fixo empregarse a Bizza. E resposta case inmediata dos nosos nos pes de Luis, que recibe en banda de Jonas, e saca un punteirazo que se estrela no longueiro.
Turno para os visitantes, que de novo proban a Bizza, quen anda listo para curtar, e tamén para deter un remate ó borde da área.
No minuto oito o 1-2. Defenderamos ben a sua perigosa estratexia ata este instante, pero un despiste no saque dun corner pagabámolo caro.
Luis tivo o empate  minutos mais tarde, pero o porteiro adiviñou in-extremis o seu intento de vaselina, e o posterior rexeite, tampouco foi quen de cocretalo Jonas, mandandoo un defensa a corner.
O rival tamén disporían dunha boísima, na enésima acción co pivot , o disparo tras revolverse íase ó longueiro.
A lucidez de Remo nestes minutos animaba á igualada. Xogada entre el e Hugo, que este último pon no segundo pau sen encontrar rematador.
Esta, chegaría a falta de seis minutos. Borja loita cun defensor, faise coa bola, e define por raso no man a man, 2-2.
O doce desperdiciaría na sua seguinte acción chegando xusto ó segundo pau, a posibilidade de voltear o marcador.
Bizza evitaba outra para eles, e así  plantabámonos no derradeiro minuto.
En liza Porteiro-xogador dos de Santiago, o cal defendemos sen pasar apuros e nos permitiu gozar de duas magníficas.
Na primeira, rouba atento Jony na presión, non dispara dende media pista a porta valeira, e remata por cederlla a Santi que xa non pode concretar.
E no último suspiro, tiro frouxo de Jonas dende propio campo, o que lle da tempo salvar o porteiro-xogador.
Continuamos sen ser quen de vencer a este conxunto, ó que xa podemos tildar de besta negra, pero as sensacións foron moi boas. Como demostran os números, non resulta nada doado derrotalos.
 
 
 

No hay comentarios: