Vistas de página en total

lunes, 2 de febrero de 2015

C.P. CASÁS 1 - 1 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Semellaba esta era unha xornada propicia para definir un pouco mais o devir da competición, pero dádalos resultados obtidos, todo continua mais ou menos igual, iso si, cunha xornada menos.
Pincharon os de arriba, pero tamén o fixeron os nosos en Lugo, e ainda que o resultado probablemente sexa o mais xusto, escoceu moito por ter os tres puntos no peto a tan só dez segundos do final.
Quitando os cinco primeiros minutos de cada periodo, non fomos quen de impornos ó rival. Excasos de ideas, faltos de precisión, e non alcazando prácticamente ningún dos nosos xogadores, a excepción dos porteiros, o nivel exixido.
5 INICIAL: Bizza - Hugo - Jonas - Luis e Borja, no banco: Jorge, Remo, Jony e Breixo.
Comezamos de cine, cinco minutos de continuas chegadas, levando o peso do xogo, e non dando opción a réplica.
Na xogada de inicio xa tivemos a primeira, Luis asistía a Borja que remataba fora.
Un minuto despois o 0-1. Jonas para a Jony, este vaise en  banda, dispara, e o rexeite do porteiro cazao Borja en boca de gol.
Non baixamos o pistón, e case de seguido, pisada de costas de Luis cara Jonas, remate cruzado deste, despexa o porteiro, e Luis non definía no rexeite.
Desperdiciamos algunha mais, e coa primeira chegada seria do Casás comezamos a esvaecernos.
Bizza salvounos en varias, valente nas saídas, e tirando de reflexos, dándonos pé a chegar con ventaxa ó descanso.
Parecía claro que tiñamos que facer algo mais para sacar os tres puntos, xa que o resultado era moi pobre, e as prestacións baixaran paulatinamente co paso dos minutos.
Outra vez saimos entoados dos vestiarios, dominando e creando perigo.
Hugo tería a mais clara, enviando unha asistencia de Luis ó pau, e Borja, que pescaba o rexeite, estrelabao na faciana dun defensor sobre a liña.
Eles devolvíannos o poste, nun bo despexe de Bizza, que tamén era quen de desviar en segunda opción.
No ir e vir seguinte, Jonas, voltaría facer sonar o pau nun pase ó segundo de Hugo.
O tempo ía pasando, e repetiríase a historia do primeiro tempo.
Asentábanse os locais, asustaban nalgunha, e pareceu instalarse nos vermellos un descoñecido ata o de agora "conformismo".
Ainda que disporíamos dunha moi clara nos pes de Jonas, a realidade era que nos dez minutos finais xa non conseguíamos elaborar case nada, e ía tocar sufrir.
Isto, corroborouse a cinco do final, cando Bizza era expulsado por dobre cartón.
Defendemos como xabatos a superioridade dos da casa, con Jorge en plan estelar con duas grandes intervencións, con Jonas tendo a bola todo o tempo que podía, e con esa pizca de sorte tan necesaria nestas situacións.
Os locais querían a igualada, e tras non obtela no catro para tres, seguiron apostando pola superioridade numérica coa figura do porteiro-xogador.
Aguantamos e non sufrimos en exceso, pero a falta de dez segundos, o traballo defensivo íase polo sumidoiro.
Descolocámonos ó realizar as axudas, balón ó interior da área que remata co calcaño un rival, e a bola colábase mansa entre as pernas de Jorge, 1-1.
Nesto apostou pola mesma táctica, pero a presión dos lugueses deixounos sen argumentos.
Con todo, quedou tempo para a polémica na derradeira xogada do encontro.
Saque de banda de Jonas na nosa metade de campo que tenta poñer na área, e o balón bate claramente nas mans dun rival que intercepta o lanzamento. Sería sexta falta, co conseguinte dobre-penalti. Ante as nosas protestas, o colexiado argumenta que o xogador realizou o xesto para protexer a cara.
Un erro, que empañou ó noso entender unha moi boa labor dos trencillas durante todo o choque.
Mal corpo pola oportunidade perdida, pero non queda outra que reporse, mellorar, e tentar gañar o seguinte.
Non logramos dar o mellor rendemento nesta ocasión, pero o compromiso e incuestionable.
 
 

No hay comentarios: