Vistas de página en total

sábado, 24 de enero de 2015

PREVIO PARTIDO CONTRA O SANTIAGO FUTSAL "B"

Hoxe comeza a segunda volta da liga, e nós farémolo enfrontándonos a un rival de entidade como é o filial do Santiago Futsal.
Rival incomodo donde os haxa e que apenas recibe goles, visita Pazos instalado na cuarta plaza, a só dous puntos dos vermellos, polo que o partido resulta clave para manter intactas as aspiracións de acadar un posto de privilexio ó remate da tempada.
Nesto, poderá contar con todo o plantel a excepción da xa sabida baixa de José, que segue ultimando a sua recuperación.
O propio José falábanos de como ve este choque, "este rival nunca se nos deu ben a verdade, pero sempre fomos quen de competirlle, polo que agardo que nesta ocasión non sexa diferente" "estamos traballando ben, e vexo a xente moi metida, o que me da confianza para que os puntos poidan ficar na casa".
O encontro disputarase o sábado no pavillón municipal de Pazos de Borbén ás 19:00.  

No hay comentarios: