Vistas de página en total

viernes, 6 de febrero de 2015

PREVIO PARTIDO CONTRA O P.E. AZKAR LUGO F.S. "B"

Duas xornadas acumula a S.D. Pazos sen coñecer a victoria, e nesta, recibe a outro dos filiais de primeira división, o Azkar Lugo "B".
Os lugueses vencéronnos na primeira volta, nun encontro marcado pola cantidade de baixas e tocados coas que viaxaron os  nosos.
Por aquel entón, os lugueses, transitaban pola categoría como o que semellaba ser un líder sólido, finalmente co paso do tempo non foi así. Coa ausencia de xogadores que hoxe militan no primeiro plantel o seu rendemento foi caendo, atopándose nestes intres na metade da taboa. De tódolos xeitos, sabemos da sua calidade e perigosidade, polo que voltaremos a ter que dalo todo para poder deixar os puntos na casa.
Nesto, recupera por fin a José, que podería disputar os seus primeiros minutos da tempada, e tamén a Santi, ausente a semá pasada. As baixas por lesión confórmanas Torres, Breixo e posiblemete Hugo.
Luis é una incógnita debido á sua inminente paternidade.
O encontro disputarase o sábado no pavillón municipal de Pazos de Borbén ás 19:00.

No hay comentarios: