Vistas de página en total

sábado, 14 de febrero de 2015

S.D. PAZOS Fútbol Sala 1 - 5 P.E. AZKAR LUGO F.S. "B"

Antes que nada, pedir disculpas ós afeccionados pola tardanza na publicación da crónica do encontro do pasado sábado. A ausencia ó mesmo do noso cronista fixo imposible a sua normal elaboración. De tódolos xeitos, cos datos recopilados trataremos de dar algo de luz ó acontecido.
Esta dura derrota, fraguouse nun primeiro tempo no que deixamos escapar vivo ó rival. No segundo, co afán de querer ir como fora a polos puntos, caemos nun ir e vir no que os de Lugo foron moito mais efectivos. Como contra o Bueu, un desastroso xogo de cinco final, abocounos ó sonroxante marcador final.
A tarde comezou movidiña para Nesto, quen non ía poder contar co concurso do seu máximo artilleiro, Luis, quen sería papá no transcurso da tarde.
Ainda así, o técnico vermello gozaría dun equipo de total garantía para afrontar este choque.
5 INICIAL: Bizza - Jonas - Jony - Remo e Borja, no banco: Jorge, Hugo, José e Santi.
O duelo debeu quedar sentenciado neste periodo, no que estibemos bastante entoados, excepto, claro está, de cara a porta.
Un voluntarioso Jony faría continuo perigo tanto en disparos como en asociación cos compañeiros, pero entre o porteiro e erros propios non atoparíamos premio.
Os visitantes, apenas inquedaban, e cando o facían, ahí estaba Bizza para manternos tranquilos.
Os minutos irían pasando, e con eles o continuo carrusel de erros na finalización.
Santi tería varias moi claras, algún pau incluido, e Remo, e Borja...Hugo e José en tiros exteriores, nada, que non habería maneira.
Nos minutos finais, o protagonismo recaería en Jonas, quen de inventar as mellores accións e dilapidar as derradeiras ocasións.
0-0 ó descanso difícil de crer, e con todo aberto para o segundo. Dun encontro que puido resultar plácido a un verdadeiro desastre.
Subimos a presión, e caemos na nosa propia trampa. Fixémola mal, e as transicións que outras veces nos dan tanto, esta vez, houbo quen as fixo mellor ca nós.
O 0-1 no minuto cinco. Bizza deixa morto un disparo e o rexite méteno para adentro.
Empatamos axiña, un par de minutos despois. Santi, alíase coa fortuna esquiva toda a tarde, e establece o 1-1.
Hugo mandaría un tiro ó longueiro, mentras que Jony quedaría sen a sinalización dun penalti de traca.
No doce o comezo da fin. Perda de bola, man a man con Bizza, e picada para o 1-2.
Non nos repuxemos a pesar de buscar a igualada, e nos últimos catro minutos optamos polo porteiro-xogador.
Non creamos nada,e a falta de dous e medio unha perda levábanos ó 1-3.
Desconexión total ata a fin, e a cada roubo, o 1-4  e o 1-5. Lamentables estes minutos, dando unha imaxe que para nada reflexa o carácter dos nosos rapaces.
É imposible ou moi difícil gañar partidos nos que só fas un ou dous goles. En tres xornadas nós levamos catro, polo que a sintese é sinxela.
A tenor dos outros marcadores e dos das pasadas semanas, parece claro que, como a tempada anterior, a liga vai ser de quen menos se trabuque.
Esta fin de semana hai parón, polo que a recuperar forzas para render visita ó perigoso Troula.

No hay comentarios: