Vistas de página en total

sábado, 28 de febrero de 2015

PREVIO PARTIDO CONTRA O SUPERTI A PONTENOVA F.S.

Na que será a xornada dezaoito, a S.D. Pazos recibe a un rival directo como é o Superti F.S..
Deixado atrás o soño de poder pelexar un ano mais polo título ligueiro, os nosos, tratarán de defender como sexa a sua cuarta praza.
Trátase de recuperar sensacións, de coller confianza, e de tentar voltar canto antes á senda do triunfo.
O contrario non o porá doado, como xa fixera no encontró da primeira volta, e mais ainda nestes intres, nos que atravesan un gran momento, podendo incluso, de gañar, arrebatarnos a posición.
Nesto contará coas serias dúbidas de Bizza e Luis, lesionados no choque pasado, e contará tamén coa baixa probablemente definitiva de Torres, quen non se recupera dos seus problemas nas costas.
O encontro disputarase o sábado no pavillón municipal de Pazos de Borbén as 19:00. 

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Son fidel xugador accidentado do superti fs no boso pabellon. Comunicarvos que tou ben e sobre todo os xogadores, directiva , afección e as duas rapazas que foron coa miña muller ata o hospital darvos as gracias de corazon polo trato recivido por todos.pazos de borben sera un lugar que nunca olvidarei pola sua xente e a maneira de volcarse hacia a miña muller o equipo e sobre conmigo. Xa nos volveremos ver se a directiva quere po ano. De todo corazon moitas gracias AMIGOS DE BORBEN

Mon dijo...

O importante é q só quedara nun susto Fidel, unha aperta dos teus amigos da S.D.PAZOS DE BORBÉN
Mon

Manolo Piñeiro dijo...

Despois do susto que nos deu o noso Xogador Fidel Garcia o pasado sabado no trascurso do partido no Pabellon Municipal de Pazos de Borben desde a directiva do Superti A Pontenova,queremos agradecer o comportamento tanto de directivos,xogadores e demais persoas do equipo local que axudaron a que esta situacion se levara da mellor forma posible e que hoxe o poidamos calificar de anecdota o acaecido o pasado sabado 28 de febreiro.Pola nosa parte tanto directiva,adestradores e xogadores facer extensivo a agradecemento a familia deportiva do Pazos de Borben futbol sala.Un afectuoso saudo