Vistas de página en total

domingo, 29 de marzo de 2015

A.D.F.S. BUEU 3 - 2 S.D. PAZOS Fútbol Sala

A S.D. Pazos Fútbol Sala continua unha semana mais coa sua mala xeira de resultados. A derrota obtida onte sábado en Bueu confirmanos como o peor equipo da liga no que vai de segunda volta.
Non hai excusa posible. Nin o feito de que o terceiro gol do Bueu ven precedido dunha clara falta sobre Borja nin nada. Sinxelamente os de Nesto non van.
Os partidos fánsenos interminables porque físicamente non respondemos, faltan ideas, os que teñen que marcar a diferencia están moi lonxe do seu mellor nivel, e o resto, non chega a dar o salto necesario, así de simple.
Con todo, puidemos sacar algo positivo, pero nin a sorte parece estar do noso lado.
5 INICIAL: Bizza - Jonas - Remo - Jony e Borja, no banco: Jorge, José, Luis e Breixo.
Nesto, debido a últimamente fraxilidade defensiva, obtou por plantar o equipo algo mais atrás de medio campo, e tentar usar a nosa outrora arma mais efectiva, o contragolpe.
Bola para os locais, e nos a defender e tentar vivir dos seus erros.
Así chegou o 0-1 nos primeiros minutos. Rouba Borja e sae á contra, apoiase en Jonas, que ante o porteiro devólvella para que o doce anote a porta baleira.
O sistema daba froitos a pesar de ser pouco vistoso.
Bizza impecable, ante as primeiras acometidas locais, co que motivaba ainda mais a continuar co plantexamento.
O 0-2 antes do dez. Facémonos co balón en medio campo, superioridade tres para dous, e Jonas asiste a Luis que define con serenidade diante do meta.
A raíz deste gol, os de J. Santos suben o pistón e case rematan por meternos na nosa área.
Tanto en xogadas individuais, como no xogo co pivot, os problemas crecían para os vermellos.
Ainda así, tivemos algunha clarísima para definir o encontro.
Unha saida en velocidade de Luis que cede a Breixo e este estrela no peito do porteiro, outra parecida nos pes de Jony, e unha de Luis que sae a rentes do pau eran as mellores.
O locais facían méritos para recurtar distancias, sobre todo nos últimos compases do primeiro tempo. Logo de enviar un tiro ó longueiro no saque dunha falta, lográbano en xogada individual, 1-2.
Sobrevivimos ata o final, índonos con ventaxa ó descanso.
No segundo tempo subimos algo a defensa para tentar afastar o perigo, pero contrariamente, pagamos carísimos dous erros.
Houbo ocasións para ambos bandos pero os da casa mostráronse mais certeiros.
Borja, nun contragolpe que monta el mesmo tivo o terceiro, pero o seu disparo ante Esteban batía no pau e paseábase sobre a liña. Na xogada seguinte o empate.
Estratexia de banda local, despiste defensivo gordo, e en segundo remate a bola acaba na rede.
O partido abriuse, pero mais por deméritos de ambos que por outra cousa. Os porteiros perfectos neses minutos.
A pouco para o final o 3-2. Falta non sinalada sobre Borja, que planta a Toño ante un vendido defensivamente e dubitativo Jorge, e a bola entra mansamente na portería.
A estocada foi case mortal, pero ahí sacamos algo de raza. Ainda que quedamos cun menos por dobre cartón a Jony, non pasamos apuros e case estivo mais preto o empate que a sentenza. Ó final non puido ser, e cun disparo final de Luis que Esteban despexaba ianse as nosas esperanzas.
Estamos tocados como é evidente, pero ante este tipo de situación só hai un remedio, e non e outro que traballar mais e mellor.
Quedan seis partidos para non estragar de todo un ano que semellaba mais que aceptable, veremos do que somos capaces.
 
 
 

No hay comentarios: