Páginas vistas en total

viernes, 10 de abril de 2015

PREVIO PARTIDO CONTRA O A FUGA XOVE F.S.

Mañá sábado a S.D. Pazos Fútbol Sala desprázase ata Xove para render visita ó intratable líder da categoría, o A Fuga Xove F.S..
O conxunto lugués, está a facer bos os pronósticos que o situaban ó comezo da tempada como un dos principais candidatos ó título final. Cun plantel completísimo, está mostrando unha regularidade encomiable, e tan só a Estrada é quen de aguantarlle o ritmo, tres puntos os separan.
Nós por contra, estamos nun punto crítico, sen atopar o camiño da victoria e vendo como o colchón de puntos adquirido desapareceu por completo. A cuarta praza, na que levamos instalados a maior parte de o ano, corre algo mais que serio perigo.
Non queremos deixala fuxir, e ainda que o rival é o peor posible, a idea é defendela como sexa.
As baixas serán un escollo mais, xa que Nesto, non poderá contar con Torres, Santi, nin probablemente Hugo por lesión, José por motivos laboráis, e mantén a dúbida de Remo, cun proceso gripal que lle impediu adestrar onte.
O encontro disputarase o sábado no pavillón municipal de Xove ás 18:00.


2 comentarios:

Anónimo dijo...

6-3. A segunda volta e un desastre. Que acabe xa a liga!!!!

SDXoveFS dijo...

Mala sorte cas lesións a que estades tendo. Gran partido o voso de hoxe competindo como o que sodes, un dos mellores equipos da categoría. Moito ánimo no que vos queda e esperamos que se recuperen todos eses lesionados. Moita sorte e ogallá que quededes entre os 4 primeiros, que é onde merecedes estar sen dúbida.
Un saudo