Vistas de página en total

sábado, 28 de marzo de 2015

PREVIO PARTIDO CONTRA A A.D.F.S. BUEU

Na tarde de hoxe, S.D. Pazos e a A.D.F.S Bueu disputan un "derbi" pontevedrés algo descafeinado. A situación de ambos equipos na taboa clasificatoria, e a sua mala segunda volta, fan que o interés neste encontro sexa menor do que cabía agardar. De tódolos xeitos, os de Bueu, foron o primer equipo en derrotarnos esta tempada en Pazos, cando os dous loitabamos por cotas maiores.
Este feito, e manter a cuarta praza, teñen que ser motivacións suficientes para encarar o choque.
Coñecémolos ben, igual que eles a nós, polo que, como anteriormente, a igualdade seguramente sexa a tónica dominante. Materializar as ocasións semella clave.
Nesto, a pesar do descanso da semana pasada, non recupera efectivos, mais ben ó contrario. A boa nova da casi completa recuperación de Jony e a aparente mellora de Luis, tivo por contra, a perda de Hugo e Santi, lesionados nestes días. Tamén sen Torres viaxan os vermellos.
O encontro disputarase o sábado no pavillón municipal Pablo Herbello ás 16:45.

No hay comentarios: