Vistas de página en total

domingo, 12 de abril de 2015

A FUGA XOVE F.S. 6 - 3 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Non houbo lugar á sorpresa no encontro de onte ante o líder. O equipo de Nesto, deixou todo o que tiña sobre a pista, chegando incluso a porse só un gol por debaixo a falta de cinco minutos para o final. A entidade do rival, e dispor nada mais que de catro xogadores de campo durande vintecinco minutos, imposibilitou calquer proeza..
O Xove marcou o ritmo, gozando da maior parte da posesión, pero os nosos non perderon a cara, recuperando o perigo nas suas rápidas transicións.
5 INICIAL: Jorge - Jonas - Jony - Luis e Borja, no banco: Bizza e Breixo.
A primeira metade estivo marcada pola pouca efectividade de ambos cara a porta, xa que opcións houbo de sobra. As mais claras para os locais, é certo, pero nós tamén as tivemos. O bo papel dos porteiros e a falta de finalización daban lugar a un marcador incerto.
Os primeros minutos de tanteo e de amosar cartas, deron paso ás ocasións para uns e outros. Nós á contra e en un para un. Jony, Luis ou Borja probaban os reflexos do porteiro. Eles, en elebaración e con individualidades, Jorge, e a defensa desfacían os problemas.
Tras errar os da casa tres moi claras en superioridades, longueiro incluido, o gol foi chegar na que menos parecía. No ecuador deste periodo, Manu, íase de Luis en doce metros, e o seu disparo, non moi potente, colábase por entre as pernas de Jorge, 1-0.
Non se descompuxeron os vermellos, e con coraxe, volcáronse na prol do empate. Jonas movía ós nosos, e Breixo imprimía maior intensidade. Luis facía empregarse ó meta en sendos disparos, e Jony, gozaba da mais nítida nunha perfecta estratexa de corner.
Nin empatamos, nin eles colleron mais renta, e así chegamos ó descanso. A mala nova era a baixa de Jonas para o resto do choque, quen nunha acción fortuita nos derradeiros intres, lesionábase o xeonllo.
O segundo tempo comezou do peor xeito posible. Dous roubos en medio campo traducíanse en goles en superioridade. Borja case salva o primeiro, pero no seu intento de cortar baixo paus, deixaba a bola franca para o rival, 0-2. O 0-3 un calco do anterior.
A falta de dez minutos, Bizza, subía a medio campo converténdose por momentos no noso quinto home. Deste xeito, rompemos a dinámica local, e comezamos a crearlle problemas.
Por desgraza, Jony, perdía un pase que se convertía no 4-0 de campo a campo.
Non nos viñemos abaixo ca losa do marcador, e coa mesma táctica conseguimos meternos de cheo no partido.
Luis, anotaba axiña de tiro raso exterior, 4-1, e prácticamente de seguido lograríamos o 4-2.
Rouba Jony en medio campo, combina con Borja, e este asisteo ante o meta para que o dous empurre á rede.
No saque de centro saltaba a sorpresa. Luis faise coa bola, encara en velocidade ó porteiro e define ante a saida deste, 4-3.
Faltaban ainda cinco minutos e ahí faltounos cabeza, madurez, e seguramente folgos.
No noso ataque, a Bizza escapábaselle a bola ó tentar controlar, e cedía un saque de banda en campo propio. No saque deste, traicionanos o ímpetu, e incurrimos en falta ó querer roubar, era a sexta. Manu executaba perfecto o dobre, pondo novamente terra de por medio, 5-3.
Breixo asumiu protagonismo nos minutos seguintes. Seus foron os tres disparos no xogo de cinco, que evitaban os reflexos do porteiro. Logo Borja, a pase de Luis, tería outra clara que non chega a conectar.
O propio dez vermello, cun tiro exterior que volvía a mandar a corner un milagroso pé do porteiro, daba por concluido o noso rendemento ofensivo. Nos intres finais, unha perda en ataque, daba lugar ó definitivo 6-3 a porta valeira.
Gañou o mellor, pero con algo mais de fortuna puidemos traer algo positivo de Xove, non era fácil, estaba claro.
O mellor, a imaxe. Centrados no xogo e con esa entrega e sacrificio que votabamos tanto de menos. Sendo un EQUIPO en todo momento, nas boas e nas malas, nos berros de ánimo e nos de correxir, como ten que ser. Claramente esta é a liña.
Nesto fixo fincapé nisto ó final. "Eles son o mellor equipo e lévano demostrando toda a tempada" "ainda así, creo que lle plantamos cara, poñendoos en apuros en varias fases" "este é o equipo que eu pretendo e recoñezo, e que polo que sexa parecía perdido" "saio moi orgulloso dos meus daquí".


2 comentarios:

Luis dijo...

Viendo el comentario del previo solo decir una cosa. Algún "aficionado" debe creer que somos el Pozo y va a ser que somos el Pazos. Seguro que podemos hacer las cosas mejor, yo el primero, pero hay que ser conscientes de nuestras posibilidades. Hablo de plantilla, dificultades a la hora de traer o retener jugadores, ayudas externas para hacer crecer al club,colaboradores,etc...es muy fácil rajar y muy difícil arrimar el hombro. Otros clubes con mas posibilidades que el nuestro a todos los niveles deambulan por la liga o en categorías inferiores. Pelearemos por la 4 plaza eso seguro,otra cosa es que se consiga,por que aunque alguno no lo crea los otros también juegan.

marcos dijo...

Bravo lu, bravo, asi se fala ,facil escribir como anonimo, non vos olvidedes de quen sodes nin de donde vindes , sodes muy grandes nas victorias e tamen por suposto nas derotas ,sempre pazos