Vistas de página en total

viernes, 17 de abril de 2015

PREVIO PARTIDO CONTRA O 5 CORUÑA F.S.

Catro xornadas restan para a finalización do campeonato na terceira división nacional, e nesta, a S.D. Pazos enfróntase ó 5 Coruña F.S..
Nun encontro que resulta intranscendente para o resto da liga, para os nosos, non debe ser así.
O mero feito do escudo ó que se representa, e á xente que está a carón do club, han de ser motivo suficiente para que o equipo de o mellor de si.
O rival non porá as cousas sinxelas. Primeiro, porque é un conxunto traballado, ambicioso, e con ganas de facer ben as cousas. Segundo, polo incerto que resulta saber como serán as nosas prestacións, e terceiro, porque é un equipo que últimamente se nos da francamente mal.
En canto á convocatoria, resaltar que volven a ela José, Remo e Santi, pero que teremos a importantísima baixa de Jonas, lesionado para un par de semanas.
O encontro disputarase ó sábado no pavillón municipal de Pazos de Borbén ás 19:00. 

1 comentario:

Anónimo dijo...

4--6. Sin comentarios