Vistas de página en total

domingo, 19 de abril de 2015

S.D. PAZOS Fútbol Sala 4 - 6 5 CORUÑA F.S.

A S.D. Pazos Futbol Sala continua unha semana mais co seu particular via crucis da segunda volta.
Onte, caemos derrotados na casa, no que outrahora fora un feudo prácticamente inexpugnable.
O encontro non debeu escapar nunca, pero está claro que a dinámica é a que é. Enchémonos a errar ocasións ante un porteirazo como demostrou ser o visitante, e por se fora pouco, regalamos dous goles, metémonos dous en propia meta, e perdemos dous balóns incomprensibles nun mal desempeño do xogo de cinco, en fin...
5 INICIAL: Bizza - Jony - Luis - Breixo e Borja, no banco: José e Remo. Santi, non participou ó resentirse da sua lesión no quecemento, e Jorge xa nin se vestiu por problemas musculares.
Comezamos do peor xeito posible, en modo empanada. Sacaron os visitantes, e na primeira bola q temos nós, primer agasallo. Jony, intenta unha paralela imposible e perde a bola, contra que non se decide a tapar Breixo, e no un para un con Bizza o 0-1.
Tras a labazada, a espabilar e buscar o empate.
O equipo volcouse, sen moi boa circulación de balón, pero arriconando ós visitantes, que só se adicaban a aprobeitar os nosos erros e contratacar.
Ocasións para Jony con fortes disparos, para Borja de cabeza, para Luis...o protagonista da tarde saltaba á palestra, infranqueable, o longo porteiro do 5 Coruña.
Breixo salvaba unha das únicas que eles tiñan baixo paus, e os vermellos a xogar ó frontón.
No minuto once a merecida igualada. Luis recibe ó borde da área, vaise do seu par, e anota de tiro cruzado, 1-1.
Ata o final non trocarían as tornas. Asedio sobre os coruñeses e algún perigo aillado destes ó contragolpe. Jony dispuxo de varias, e José, en franca melloría, de duas claras que estampou contra o boneco. Remo, cun tiro de calidade axustado ó pau, atopaba no pé milagreiro do meta un obstáculo insalvable.
O empate era un mal menor para os locais, vendo as posibilidades de uns e outros, pero entón, deusenos por autoflaxelarnos antes do descanso.
A falta de segundos, un encoraxinado Jony por non sinalarlle unha falta previa, tomábase a xustiza pola man e cometía a sexta falta. No lanzamento do conseguinte dobre-penalti o 1-2.
Non se pode conceder tanto. Creas un feixe de ocasións e execútalas de pena. A actuación do seu porteiro foi espectacular, pero e que ainda que el se afastara dábamoslle, iso sen contar as que guindamos fora.
Para mais inri, si eles non as teñen, nós, facilitámosllas.
O segundo tempo foi igual, ou incluso peor.
En tromba na sua metade de campo, encadeando chegadas unha e outra vez, e obviando completamente a parcela defensiva. Isto, trouxonos algún problema en modo de man a man con Bizza, quen anduvo moi rápido nas saidas ó corte.
Ós tres minutos o 1-3. Saque de banda ó segundo pau, e Jony introduce a bola en propia meta no intento de despexe.
A tumba aberta a pola igualada. Jony, José, Luis...non había maneira, a veces incluso parecían de broma. Como na acción previa ó noso gol. Luis, remata ante o porteiro e este logra enviar o pau, e Jony a porta baleira non consegue metela. Desquiciante para equipo e grada.
No dez por fin o 2-3. Jony resárcese do erro anterior cun trallazo dende a lateral que se cola por alto.
Luis tería o empate noutra de coña. Bola que pon para empurrar Remo, Luis controla mal pero remata, salva un defensor sobre a liña, e o rexeite, volve desaprobeitalo Luis, que ve como o defensa dende o chan erge o pé enviando a corner.
Coma Jony anteriormente, o dez, tamén enmendaría o seu erro segundos despois. Recibe  de José, desfaise do defensa, e marca de latigazo cruzado. 3-3. Merecidísima igualada.
Quedaban cinco minutos, e a victoria parecía mais que factible, pero non ia ser así.
Contrataque do 5 Coruña, e nun intento de pase ó segundo pau, a bola bate en Remo e cólase na porta de Bizza.
Un minuto mais tarde, Nesto optou polo porteiro-xogador, e ahí rematamos de desangrarnos.
O 3-5 nun mal saque de porta de José, que lla entrega ós visitantes e estes marcan en segundo remate.
O 3-6 a falta de dous minutos. Perde a bola Borja en ataque, e xenial disparo de campo a campo que entra a carón do pau.
Luis, no derradeiro minuto anotaría o 4-6, logo de regatear ó porteiro aprobeitando un bo pase en profundidade de Remo.
Houbo actitude e gañas, pero faltou o mais importante, que é meter a dichosa pelotiña. Os visitantes, si o fixeron coas que tiveron, ademais de que con nós parece que lle tocou a lotería.
Unha pena porque ímonos afundido na clasificación, pero as ligas ó final, poñen a cada un no seu lugar, polo que haberá que asumir que algo se está facendo mal.
 
 
  
 

No hay comentarios: