Vistas de página en total

lunes, 28 de marzo de 2016

S.D. PAZOS Fútbol Sala 2 - 4 SUPERTI A PONTENOVA F.S.

Este pasado xoves disputabamos unha "final" en Pazos e perdémola.
Tíñamos a posibilidade de conquistar o título, ou de deixalo prácticamente sentenciado, e ocorreu xustamente o contrario.
Logo de ostentar o liderato en todo o que vai de segunda volta, perdémolo a falta de tan só duas xornadas.
Agora, somos nós o perseguidor, empatados no primeiro posto, pero co golaberaxe favorable a eles, queda gañar, e agardar ó seu improbable tropezo.
O encontro foi moi parello, cos dous equipos xogándose a tempada, con ritmo, tensión...e un desenlace tráxico para os vermellos.
Saimos a por todas, como tiña que ser, ante un pabellón ateigado, e que non cesou de animar en ningún momento.
Topámonos cedo cunha labazada, nunha falta de entendemento en defensa, pero reporiamonos ben con dous goles a pelota parada.
Eles defenderon con todo no primer tempo, tendo algunha en ataque, pero o que os mantivo realmente no encontro foi un fantástico Cesar, providencial con tres ou catro paradas milagreiras.
No segundo, o Superti non baixou un ápice o pistón, mentres que os nosos foron quedando sen gasolina co transcorrer dos minutos.
Ainda así, todo semellaba controlado ata a falta de oito minutos. Ahí, cambiou o conto.
Desaproveitamos un 3x1, e na contra, falta, e segundo cartón para Dani. O Superti xestionou á perfección a superioridade, e empatou en segundos.
Ninguén aceptou as taboas, e entón, a sorte que de seguro tivemos noutros choques, faltounos neste.
Gol en acción rocambolesca difícil de explicar, por debaixo no electrónico, e angustia ante un guión inesperado.
Tentámolo ata desfondarnos, pero eles foron mellores ata o final, acadando incluso maior renta.
Felicitar ó Superti A Pontenova F.S. que tiña todo en contra e demostrou o porque da sua clasificación. E tamén ós vermellos, que se deixaron a pel e non mereceron a derrota.
O sentir xeral dábanolo un fiel afeccioado ó remate "foi unha lástima, tal vez demasiada presión" "eles, tiveron os goles e outras tres moi claras, nós, os goles e un feixe de uiiis¡¡¡" "o acerto marcou a diferencia".

S.D. PAZOS Fútbol Sala: Esteban - Marcos F.- Jonas(1) - Jony(1) e Luis; Mouso, Torres, Dani, Breixo e Borja.
SUPERTI A PONTENOVA F.S. : Cesar - Keko(1) - Miguelín - Alvaro(1) - Catalin; Isaac, Martín(1), Pedro, Santi(1), Fidel, Diego Lamas e Paulo.
 
GOLES:
  • 0-1 (min.2) Balón ó segundo pau, falta de entendemento entre Esteban e Jonas, e Alvaro remata só.
  • 1-1 (min.3) Estratexia de corner, e trallazo cruzado de Jony á rede.
  • 2-1 (min.18) Impecable dobre-penalti executado por Jonas.
  • 2-2 (min.32) Pase da morte en superioridade 5x4 que convirte Martín.
  • 2-3 (min.34) Jony corta un intento de disparo, a bola da en Esteban, Marcos F. non  chega a despexar, e queda morta sobre a liña para que empurre Keko.
  • 2-4 (min.35) Santi recurta a Jony e dispara deixando sen resposta a Esteban.

*Dar as GRAZAS a AFICIÓN que tanto nos animou, antes, durante e despois do encontro. En especial ÓS/ÁS de sempre, e as categorías inferiores que se volcaron con nós.

2 comentarios:

Mon dijo...

Ánimo rapaces, non baixar a cabeza agora, mentres hai vida, hai esperanza, non tiredes con todo o q loitastes ata este momento. ARRIBA PAZOS !!!!!

Anónimo dijo...

Ojo que el Superti no tiene precisamente ninguna perita en dulce las dos ultimas jornadas de liga. Todavia hay esperanza y esto no esta acabado.