Vistas de página en total

viernes, 8 de abril de 2016

XORNADA 22

Chegou a última xornada do campeonato, e quen o diría ó comezo, temos opcións de título.
É certo que non dependemos de nós, como sería o desexado, pero é que de conseguir gañar, ó Superti A Pontenova F.S. non lle queda outra que facer o mesmo.
Os números de ámbolos dous colíderes son abraiantes, con 55 puntos cada un, como tamén o son os dos rivais que imos a ter enfronte.
Nós ó Ribeira F.S., cuarto clasificado matemáticamente con 40 puntos, sen mais aspiracións, pero que ten un gran equipo e practica un fútbol sala de moito nivel.
O Superti terá diante nada mais e nada menos, que á A Estrada Futsal. Terceiro clasificado seguro con 46 puntos, e que ademáis do equipazo que ten é competitivo ó máximo.
Sera pois unha xornada de transistores, e que non permitirá o mais mínimo erro.
José é a única baixa segura dos vermellos, quenes manteñen a dúbida de Mouso.
O encontro disputarase o sábado no pavillón municipal de Pazos de Borbén ás 18:00 (horario unificado).

No hay comentarios: