Vistas de página en total

miércoles, 26 de abril de 2017

A ESTRADA FUTSAL 6 - 8 S.D. PAZOS Fútbol Sala (COPA)

A S.D. Pazos acedeu á fase final da Copa de terceira división, logo de eliminar no Coto Ferreiro de a A Estrada ó conxunto local.
Os vermellos, sabedores do bo trato de balón dos estradenses, basaron o seu xogo na presión alta, sendo no segundo período cando lles deu mellor resultado.
O partido resultou vibrante, mais pola emoción e tensión, que por un fútbol sala superlativo, pero os presentes, sen dúbida, disfrutaron  dun gran espectáculo.
Falar de igualdade neste tipo enfrontamentos resulta obvio, e así se desenrolou o primeiro tempo, ainda que sendo os nosos, os que gozarían de maior cantidade de ocasións.
Con empate chegaríase ó descanso, coa sensación de que a estratexia podía acabar dando resultados, como finalmente, así sucedería.
Xa sen Luis no bando vermello tras recaer da sua lesión, seguimos erre que erre tentando roubar en campo contrario, e ahí xurdiu a figura de Lito.
O dorsal once, impartíu unha catedra tanto de como se apreta na primeira liña, como de xogar en anticipación. El, roubou o balón decisivo en seis dos oito goles, e ademais de repartir duas asistencias claves, fixo tres goles xa coa figura de porteiro-xogador no conxunto local.
Neste periodo o partido foi unha auténtica tolería, sobretodo a raiz do 2-5, a falta de dez minutos.
Os da casa,  xogáronse o todo polo todo co porteiro-xogador, e aínda que chegaron a porse varias veces a só un gol de distancia, o bo facer vermello, permitiríalle plantarse na seguinte rolda da competición.
O MELLOR: O plantexamento, xunto coa entrega, concentración, e traballo dos vermellos, contra un rival, e nunha cancha, da que poucos equipos sacan nada positivo.
O PEOR: Sempre hai cousas que correxir, pero en días así, sería absurdo pedir mais.

A ESTRADA FUTSAL: Cesar - J. Antonio, Moro(1), Botel e Julio(1); Hugo, Rebo, Tojo(1), Ulla e Simón(2).
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Esteban - Eloy - Lito(3) - Luis e Breixo(1); Dani, Torres(1), Marcos F.(1)(1p.p.), Jony(1) e Borja(1).

GOLES:

  • 1-0 (min. 8) Marcos F. anticipa un intento de pase ó porteiro, e coa punteira metea para adentro.
  • 1-1 (min.10) Moro saca un trallazo ó pau longo tras quebrar a Marcos F.
  • 2-1 (min.12) Jony perde de último, balón cara atrás, e zapatazo de Tojo que entra logo de pegar no longueiro.
  • 2-2 (min.15) Lito vaise de dous rivais e asiste ó desmarque en ruptura de Luis, o dez, ante o porteiro, dalla a Jony que empurra libre de marca..
  • 2-3 (min.23) Lito rouba na presión e cédella a Torres, que marca sen oposición.
  • 2-4 (min.24) Balón que porfía Torres en área rival, a bola queda morta, e Borja de punteira, fundea na portería.
  • 2-5 (min.30) Lito volve a roubar anticipando un pase, e asiste a Breixo ó segundo pau.
  • 3-5 (min.33) Penalti que transforma inapelable Simón.
  • 4-5 (min.34) Contragolpe estradense con pase cara atrás, que Marcos F. remata introducindo en propia porta.
  • 4-6 (min.36) Presión de Lito sobre o porteiro-xogador, faise coa bola, e marca dende lonxe a porta valeira.
  • 5-6 (min.37) Desaxuste defensivo ante o xogo de cinco local, e contundente finalización de Simón.
  • 5-7 (min.38) Lito combina con Eloy que lla deixa de pisada cara atrás, e remate cruzado que non pode deter o porteiro-xogador.
  • 6-7 (min.39) Xogada embarullada que tranforma Julio a pesar do intento de salvar de Esteban.
  • 6-8 (min.39) Enésimo roubo de Lito, que anota dende campo propio.

*AGRADECER o xesto de deportividade de a A Estrada Futsal, homenaxeando ós nosos, co tradicional pasillo ó campeón de liga.

No hay comentarios: