Vistas de página en total

viernes, 28 de abril de 2017

FASE FINAL III COPA F.G.F. 3ª DIV. FÚTBOL SALA

O  Concello de Melide será o encargado de acoller este próximo fin de semana a fase final da III Copa de 3ª división de fútbol sala.
Os nosos, actuais campeóns, terán como rival na sua semifinal, nada mais e nada menos que ó Sala Ourense.
Tercer clasificado na recén concluida liga, os da cidade das Burgas, gozan dun dos planteis con mais calidade da categoría.

SEMIFINAIS (P. M. de Melide)

  • S.D. PAZOS Fútbol Sala - Sala Ourense (sábado as 18:00)
  • 5 CORUÑA F.S. - VILALBA F.S. (sábado as 20:00)
FINAL (P. M. de Melide)

  • GAÑADOR 1 - GAÑADOR 2 (domingo as 12:00)
Para este novo reto, os vermellos, contan coas baixas seguras de Diego, Torres e José, por compromisos laborais, e a mais que probable de Luis, este por lesión.

No hay comentarios: