Páginas vistas en total

viernes, 21 de abril de 2017

III COPA 3ª DIVISIÓN FÚTBOL SALA

Trepidante se presenta previsiblemente o encontro de cuartos de final de Copa, entre o actual campeón, e o subcampeón de liga.
Un "clásico", que o caprichoso sorteo quixo suceda xa nesta rolda e a partido único.
Un dos teóricos favoritos quedará fora da fase final, e resulta imposible intuir quen pode ser. Os duelos precedentes non arroxan favorito, polo que calquer cousa pode acontecer.
Nós viaxamos coa ambición de seguir aspirando a un posible dobrete, mentras que eles, seguro querrán resarcirse  do acontecido na liga, e obtar ó título que queda en xogo.
A convocatoria volve a ser un problema, coa ausencia segura de José, Jonas, Diego e Bizza, e algunha dúbida por lesión e outros motivos, os cales se tratarán de resolver ata o último momento.

A ESTRADA FUTSAL - S.D. PAZOS Fútbol Sala
DATA: 22-04-17 HORA: 19:30 LUGAR: Pavillón municipal Coto Ferreiro

No hay comentarios: