Vistas de página en total

sábado, 27 de enero de 2018

XORNADA 16

Comeza a segunda volta do campeonato na terceira división de fútbol sala, e os nosos, farano enfrontándose ó A.D.F.S. Bueu.
Os do Morrazo, conxunto tradicional desta categoría, transitan esta campaña pola parte morna da taboa clasificatoria, froito en gran medida, da sua irregularidade. Capaces do mellor e do peor, son un equipo do que non te podes fiar un ápice.
Adri, segundo adestrador vermello, dábanos as claves de como afrontar este choque: " Sabemos que son un rival que se ten o día pode resultar moi perigoso, porque fútbol sala ahí hai de sobra" "nós temos moi clara a liña a seguir, e non é outra ca dos últimos encontros, respeto, traballo, e afrontar todo o que queda coa mesma intensidade, sen ter en conta quen é o rival" "será difícil, pero ese é o obxetivo".

S.D. PAZOS Fútbol Sala - A.D.F.S. BUEU
DATA: 27-01-18 HORA: 19:00 LUGAR: Pavillón municipal de Pazos de Borbén.

CONVOCATORIA:

  • Kuka
  • Bizza
  • Pablo
  • Eloy 
  • Jose
  • Jonas
  • Alexis
  • Jony 
  • Vidal
  • Guille
  • Breixo
  • Luis 
BAIXAS:
  • Marcos F. (motivos laborais)
  • Borja (lesión)
  • Diego (motivos laborais)





No hay comentarios: