Vistas de página en total

miércoles, 31 de enero de 2018

S.D. PAZOS Fútbol sala 9 - 4 A.D.F.S. BUEU

A S.D. Pazos continua coa sua boa xeira de resultados logo da victoria deste sábado pasado ante o A.D.F.S. Bueu, un equipo, o do morrazo, que ofreceu un rendemento bastante mellor do que se poida chegar a pensar a tenor do resultado final.
Os nosos, pola sua banda, non alcanzaron o nivel que viñan ofrecendo en xornadas anteriores, e ante esa situación, tiraron de practicidade. Nun partido moi aberto, cometeron menos erros, e foron capaces de capitalizar case á perfección tódolos do rival.
O primer periodo, a pesar da innegable igualdade, resolvíase ó noso favor cun contundente 4-0, o cal decantaba o choque, e o deixaba case que visto para sentenza.
No segundo, ante a nosa "tranquilidade", o Bueu comezaba moi valente e descarado, e ainda que admirable, iso sería o que á postre, seguramente tamén os abocaría ó rotudo 9-4.
Puido ser peor, ou mellor para os nosos intereses. Pero os vermellos, perderían nos derradeiros compases, a seriedade mostrada ata ese momento.

S.D. PAZOS Fútbol Sala: Bizza - Pablo(1) - Jonas(1) - Jony e Luis(1); Kuka, Eloy(1), Jose(2), Alexis(2), Vidal(1), Guille e Breixo.
A.D.F.S. BUEU: Nestor - J. Miguel - Lucas - Pablo Gil(1) e Alejandro M.(1). ; Pablo M., Alejandro R., Martín, Sergio(1), Rodri, Victor Méndez(1) e Toño.

GOLES:

  • 1-0 (min.10) Pablo anticípase na presión, combina con Jony, que lla devolve ó segundo pau, e o vigues remacha con todo.
  • 2-0 (min.12) Breixo faise cunha bola en área rival e cede a Jonas, quen anota libre de marca.
  • 3-0 (min.17) Roubo de Alexis en primeira liña, que finaliza cun chut raso cruzado.
  • 4-0 (min.19) Parede de Jony con Luis no pivot, e asistencia do dous ó segundo pau que remata Vidal con calidade chegando dende atrás.
  • 4-1 (min.23) Erro defensivo nunha estratexia de banda que aproveita Alejandro M..
  • 5-1 (min.25) Paralela Jonas con Luis, picadiña cruzada deste que toca o porteiro, pero que Jose sobre a liña, funde na rede.
  • 6-1 (min.27) Erro na saida de balón, e Jose que mete a punteira para batir ó meta por entre as pernas.
  • 7-1 (min.29) Luis rouba en media pista, bola para Eloy, que conduce nun 3x2, e que el mesmo finaliza de espectacular uña ó borde da área.
  • 7-2 (min.29) Confusión nunha estratexia de corner, e contra que deixa a Victor Méndez só diante de Kuka, ó cal axustiza cunha perfecta vaselina.
  • 8-2 (min.30) Jony vaise en velocidade por banda, e asistencia a Luis que remata en boca de gol.
  • 9-2 (min.32) Pase ó segundo sobre Guille, que cede de cara para o golpeo claro de Alexis.
  • 9-3 (min.38) Contragolpe con varias paredes que transforma Sergio diante de Kuka.
  • 9-4 (min.39) Balón que se leva Pablo Gil,e ante a parsimonia defensiva vermella, marca cun disparo duro dende a frontal.



No hay comentarios: