Vistas de página en total

lunes, 4 de junio de 2018

FASE FINAL IV COPA F.G.F. 3ª DIV. FÚTBOL SALA


A S.D. Pazos Fútbol Sala acadou este pasado fin de semana, e por segunda vez na sua historia, o campeonato de Copa da terceira división de fútbol sala.
Un trofeo que converte unha boa tempada co terceiro posto alcanzado na liga en boísima, e que engade un novo título ó noso palmarés, nun ciclo victorioso que comezou hai tres tempadas (dobrete Liga e Copa 2015/2016, Liga 2016/2017, e Copa 2017/2018).
Como en anos anteriores, pero en este ainda mais se cabe, a organización do evento foi de nota, cun gran despregue de medios e atención por tódalas partes involucradas, e que convertiron estes días en A Estrada nunha festa do fútbol sala galego. NORABOA e GRAZAS.
A Fase Final comezaba con "sorpresa" relativa, visto o encontro, na primeira semifinal.
O T. ABC I.E.S. Coruxo F.S. deixaba na cuneta o ata onte actual campeón de Copa, Sala Ourense. 1-2, nun encontro parello que se resolvería nos minutos finais.
Na segunda semifinal o turno sería para nos, onde nos enfrontaríamos ó anfitrión e sempre competitivo a A Estrada Futsal.
Obvio falar de igualdade, respeto, e tensión, entre dous rivais que se coñecen á perfección, e que normalmente brindan espectáculos emocionantes. A pesar de non chegar ambos no seu mellor momento, este non sería distinto.
Primer tempo no que fomos superiores, e no que tras unha boa xogada ó inicio, lograríamos ir con ventaxa ó descanso, 0-1.
Sabor agridoce neste periodo, porque interiormente quedaba a sensación de ter deixado escapar a oportunidade de decantar mais a eliminatoria.
Non o fixemos, e tocaría sufrir, sobre todo nos intres inicias do segundo tempo, donde os locais foron moito mellores.
1-1 nada mais comezar, e Kuka que tiña que salvar os mobles neses compases, por sorte, a reacción non tardaría en chegar.
Pablo, en acción individual, volvía a pornos por diante, 1-2, e deixaba tocado a un rival que ainda así, non se daría por morto.
O cansancio pasaba factura, e tal vez nos chegamos mais enteiros ós minutos onde se tiña que decidir todo.
Porteiro-xogador no bando local, implecable defensa vermella, e un roubo entre Luis e Pablo, que definía este último dende propio campo para pechar a contenda, 1-3.
Ainda que puido pasar calquer cousa, xusto vencedor ó noso entender, se computamos o global da eleminatoria.

A ESTRADA FUTSAL: Sergio - Moro(1) - Ulla - Martín Varela e Botel; Cesar, Rafa, Tojo, Adrián, Kinso, Manuel e J. Antonio.
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Bizza - Pablo(2) - Jonas - Jony e Luis(1); Kuka, Martín, Eloy, Alexis, Aarón, Vidal e Borja.

GOLES:

  • 0-1 (min.4) Triangulación colectiva, pase cara Alexis que gaña a banda, e asistencia deste que remacha Luis á rede.
  • 1-1 (min.21) Contragolpe dos locais que nos colle descolocados, e pase da morte que finaliza Moro.
  • 1-2 (min.29) Acción individual de Pablo, que recurta na frontal, e saca un disparo centrado que se cola entre as pernas de Sergio.
  • 1-3 (min.39) Corta Luis no xogo de cinco visitante, e chut dende propio campo de Pablo que se vai a dentro.
Para o domingo ó mediodia, quedaba a gran final do torneo.
De un lado, o T. ABC I.E.S. Coruxo F.S., que viña de eliminar ó Vilalba F.S. e o Sala Ourense, e do outro, a S.D. Pazos Fútbol Sala, verdugo do Campito F.S. e da A Estrada Futsal.
Como se soe decir nestes casos tralo desenlace do encontro, e ainda que TODO o equipo estivo francamente ben, a esta Copa convidou Pablo.
Partidazo do sen dúbida xogador revelación da tempada, ó seu xa habitual nivel físico e defensivo, engadiu dous goles e duas asistencias fundamentais, pouco mais se pode decir.
Primer tempo no que apenas demos opción ó rival, manexamos ben tódolos rexistros, sobretodo a presión, e non cometemos erros de bulto no pase, o que neutralizou unha das maiores virtudes viguesa.
0-1 tras un contragolpe, e 0-2 en superioridade 4x3, trala ridícula, pero correcta, expulsión de Gustavo por impedir un saque de banda cando xa tiña un cartón.
Saimos igual no segundo acto, sendo dominadores, e sen pasar apuros, pero nun minuto tiramos a ventaxa adquirida por terra.
Un balón en longo supoñía o 1-2, e outra expulsión, esta vez a Vidal, e igualmente infantil, por un innecesario agarrón, desembocaba na conseguinte superioridade no empate, 2-2.
A réplica vermella foi inmediata, e de equipo que ansiaba ser campeón. Tres minutos de raza e recursos, liquidaron unha final, 2-5, que maquillaría o rival nos derradeiros compases co porteiro-xogador, 3-5.

T. ABC I.E.S. CORUXO F.S.: Javi - Bruno- Parra - Naveira(1) e Oliver; Fiou, Manuel, Gustavo, Pablo M.(1), Martín e Camilo(1)
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Bizza - Pablo(2) - Jonas(1) - Jony e Luis(1); Kuka, Martín, Eloy, Alexis, Aarón, Vidal e Borja(1).

GOLES:

  • 0-1 (min.2) Rouba Luis en media pista, contra que monta Pablo 3x2, e asistencia a Jonas que marca de primeiras polo primeiro pau.
  • 0-2 (min.14) Superioridade 4x3, e punteirazo raso exterior de Pablo.
  • 1-2 (min.24) Balón en longo ás costas de Jony, e Pablo M. que cruza coa punteira ante a saida de Kuka.
  • 2-2 (min.27) Elaboración en superioridade 4x3 que remacha Camilo.
  • 2-3 (min.29) Xogada de casta persoal de Pablo, que bate esquinado a Fiou cunha uña por entre as pernas.
  • 2-4 (min.30) Paralela de Alexis con Pablo que se vai en velocidade, e asistencia ó interior da area que Luis remata á rede.
  • 2-5 (min.32) Jony recurta na frontal e cede a Eloy no segundo pau, este deixa de cara, para que sexa Borja quen de potente uñazo a mande ó pau e adentro.
  • 3-5 (min.38) Xogada de cinco, tiro que repele Kuka, pero o rexeite aprobeitao Naveira. 

Fin de semana para non esquecer por todo, polo escenario, pola envergadura dos equipos participantes, pero mais que nada, polo ambiente de FAMILIA que reflexou o equipo dende a saida, ata a chegada á casa.
TODO o mundo aportou o seu grán para poder colleitar este Copa, un triunfo de CLUB.
Directiva, encabezada por un presidente que sempre quita calquer tipo de presión, e que tan so esixe compromiso, D. Manuel Ferreira.
Mon, que cada día nos fai preguntarnos como pode facer tanto unha soa persoa, ou Fermín e Jessy, que sempre están preto para o que se poida precisar.
O EQUIPO, de rendemento constante neste torneo.
Corpo técnico, Fran, Jonas e Adri, estudiárono todo,  e merécense este premio, sabias decisións e calma como resposta ante calquer situación.
Bizza e Kuka, nin un so erro reseñable, o primeiro non encaixou ningún gol e mantivo a sobrediade, o segundo, simplemente decisivo en momentos clave.
Martín, un alumno aventaxado que non cesou de animalos.
Pablo, o dito anteriormente, sensacional.
Eloy, moi tocado físicamente, pase o que pase unha roca na parcela defensiva, deixou unha gran asistencia na final.
Jonas, futbol sala da vella escola, marcou o ritmo, e xamais se esconde cando ninguén quere o balón.
Alexis, destellos dunha calidade técnica impresionante, o que unido á sua entrega, fan del un baluarte.
Jony, mais do de sempre, encomiable o seu esforzo, que sería de nos sen as suas continuas cabalgadas e recortes.
Vidal, mermado físicamente, non deixa de absorber información, axuda indespensable para manter o control, pena a expulsión pero que non empaña a sua actuación.
Luis, de regreso continua ó seu, gol por partido, suma e segue.
Borja, collendo a forma, arrimando o hombro, anotou un bo gol na final.
Aarón e Guille, escoitan e aprenden, axudan en todo o que poden, o futuro do club.
O último da expedicion, pero non por iso menos importante, o capitán, Jose, mención especial para el, un EXEMPLO, lesionado, colleu á sua familia e acompañou ó equipo de comezo a fin.
Representa como ninguén os valores deste club.
Este son tódolos que estiveron, pero non os que son...Juan, Diego, Sergio, Marcos F., Breixo, Kike... sen vos, isto sería imposible.
A nosa marea vermella, so decirlle aquilo de... VAI POR VOSTEDES.






2 comentarios:

Marcos Sesar dijo...

Boa tempada rematada da mellor maneira.
Noraboa

Administrador dijo...

Moitas grazas Marcos. Noraboa a vos tamén por outra gran campaña e polo subcampeonato ligueiro.