Vistas de página en total

viernes, 5 de abril de 2019

CONCELLO DE BEGONTE F.S. 3 - 7 S.D. PAZOS Fútbol Sala

Fundamentais tres puntos os logrados pola S.D. Pazos este pasado domingo en Begonte, que lle permiten manterse na loita polos postos altos da clasificación.
Encontro de urxencias, contra un rival que se xogaba tamén a vida, e no que a concentración foi a clave para facerse cos tres puntos.
O choque foi mais complexo do que amosa o marcador final, que costou desnivelar ata mediado o segundo tempo.
Entramos ben no partido, cun Jony Costas cómodo manexando ó equipo, e co resto, tentando atacar pero sen descuidar as tarefas defensivas.
Poriamonos por diante ata en duas ocasións, pero o coraxe dos locais, permitiríalles igualar a contenda segundos antes de ir ó descanso.
Comezamos ben igualmente o segundo periodo, que se rompería por completo no que vai do minuto vintesete ó trinta.
Tralo terceiro gol que desnivelaba a contenda, os vermellos, aproveitaron o desconcerto local, para rematar a faena con tres minutos de alubión sobre a meta rival.
Calmada a tempestade, foi nadar e gardar a roupa, cun Martín que demostrou cando lle tocou, porque defende a portería vermella a tan tempra idade.
Sufrimos un chisco o seu porteiro-xogador, e victoria que reforza a "tocada" moral dos de Fran.

CONCELLO DE BEGONTE F.S.: Samuel - Brais C. - Daniel J. - Yago e Alejandro(1); Martín F., Daniel V., Martín N., Ricardo(1) e Brais A.(1).
S.D. PAZOS Fútbol Sala: Martín - Jony Costas(1)- Jony - Alexis(1) e Sergio; Bizza, Alex(1), Luis(2) e Diego(2).

GOLES:

  • 0-1 (min.5) Tunel e parede de Alex con Diego, que lla devolve, e man a man do oito co porteiro ó que bate a perfección polo pau longo.
  • 1-1 (min.9) xogada por banda, e pase da morte que transforma Ricardo.
  • 1-2 (min.12) malentendemento entre porteiro e defensor nun saque de meta, e bola morta que aproveita Luis para definir ante o gardarredes.
  • 2-2 (min19) perda en ataque, saque de banda, e xogada que remata cun pase ó segundo pau que finaliza Brais A.
  • 2-3 (min.27) disparo que queda sae rexeitado ó aire, e Diego que mete cabeza e hombreiro para mandala á rede.
  • 2-4 (min.28) pase sobre Jony Costas que se vai por banda, e picadiña exquisita ante a saida do porteiro.
  • 2-5 (min.29) Alexis dispara suave dende o borde da área entre as pernas dun defensor, e a maraña de pernas que ten diante o porteiro, confundeno, sendo incapaz de despexar.
  • 2-6 (min.30) Asitencia de Jony ó desmarque en ruptura de Luis, que controla, e marca cunha uña polo primeiro pau.
  • 3-6 (min.33) Xogada co porteiro-xogador, e medio rexeite ó interior da área que recolle Alejandro.
  • 3-7 (min.38) Balón que intercepta Luis ante o porteiro-xogador, e pase cara Diego que marca a porta valeira tras recurtar a un defensor.

No hay comentarios: